Jimmy Butler III, nado o 14 de setembro de 1989 en Houston, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional Butler foi elixido na 30ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Chicago Bulls. O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato de rookie cos Bulls. Na súa primeira tempada na liga, acurtada polo lockout, xogou 42 partidos nos que fixo 2.6 puntos e 1.3 rebotes por encontro.
O 22 de xuño de 2017, Butler foi traspasado xunto os dereitos de Justin Patton ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Kris Dunn, Zach LaVine e os dereitos de Lauri Markkanen.
O 12 de novembro de 2018, Butler foi traspasado xunto a Justin Patton ós Philadelphia 76ers a cambio de Jerryd Bayless, Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022.
O 6 de xullo de 2019, Butler asinou cos Miami Heat nun traspaso entre catro equipos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto