miniatura|A menorá de sete brazos é un antigo símbolo do xudaísmo. Usábase no templo do antigo Xerusalén. O termo xudaísmo (do hebreo יהדות Yahadut, do termo יהודה Yehudá) refírese á relixión, á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións monoteístas,Philip Wilkinson, Religions, Londres: Dorling Kindersley, 2008; Religiões, Río de Janeiro: Zahar, 2011, pp. 61-83. Tamén Gabrielle Sed-Rajna, L'Abécédaire du Judaïsme, París: Flammarion, 2000; Éric Smilevitch, Histoire du Judaïsme, París: Presses Universitaires de France, 2012; The Religions Book, ed. G. Jones y G. Palffy, Londres: Dorling Kindersley, 2013; O Livro das Reiligiões, ed. Carla Fortino, San Pablo: Globo, 2014, pp. 166-199; Josy Eisenberg, Une Histoire des Juifs, París: CAL, 1970; Simón Dubnow, Manual de la Historia Judía, Buenos Aires: Sigal, 1977; Michael Brenner, Kleine Jüdische Geschichte, Múnich: C.H. Beck, 2008. as chamadas «relixións do Libro» ou «abrahámicas» xunto co cristianismo e o islam, e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.

Aínda que non existe un corpo único que sistematice e fixe o contido dogmático do xudaísmo, a súa práctica baséase nas ensinanzas da tora, tamén chamada Pentateuco, composto por cinco libros. Á súa vez, a tora ou o Pentateuco é un dos tres libros que conforman o Tanakh (ou Antigo Testamento, segundo o cristianismo), aos que se atribúe inspiración divina.

Na práctica relixiosa ortodoxa, a tradición oral tamén desempeña un papel importante. Segundo as crenzas, foi entregada a Moisés xunto coa tora e conservada desde a súa época e a dos profetas. A tradición oral rexe a interpretación do texto bíblico, a codificación e o comentario. Esta tradición oral foi transcrita, dando nacemento á Mishná, que posteriormente sería a base do Talmud e dun enorme corpo esexético, desenvolvido ata o día de hoxe polos estudosos. O compendio das leis extraídas destes textos forma a lei xudía ou Halajá.

O trazo principal da fe xudía é a crenza nun Deus omnisciente, omnipotente e próvido, que tería creado o universo e elixido ao pobo xudeu para revelarlle a lei contida nos Dez Mandamentos e as prescricións rituais dos libros terceiro e cuarto da tora. Consecuentemente, as normas derivadas de tales textos e da tradición oral constitúen a guía de vida dos xudeus, aínda que a observancia das mesmas varía moito duns grupos a outros.

Outra das características do xudaísmo, que o diferencia das outras relixións monoteístas, radica en que se considera non só como unha relixión, senón tamén como unha tradición, unha cultura e unha nación. As outras relixións transcenden varias nacións e culturas, mentres que o xudaísmo considera a relixión e a cultura concibida para un pobo específico. O xudaísmo non esixe dos non xudeus unirse ao pobo xudeu nin adoptar a súa relixión, aínda que os conversos son recoñecidos como xudeus en todo o sentido da palabra. Así mesmo, xudeu foi comisionado polas súas escrituras a ser «luz ás nacións» e propagar o monoteísmo ético por todo o mundo. A relixión, a cultura e o pobo xudeu poden considerarse conceptos separados, pero están estreitamente interrelacionados. A tradición e a cultura xudía son moi diversas e heteroxéneas, xa que se desenvolveron de modos distintos en diferentes comunidades e cada comunidade local incorporou elementos culturais dos distintos países aos que chegaron os xudeus a partir da |dispersión.

Etimoloxía miniatura|upright|Macabeos por Wojciech Stattler (1842) O termo xudaísmo deriva de Iudaismus, unha forma latinizada do grego antigo Ioudaismos (, do verbo , "porse ao lado ou imitar aos [xudeus]").to side with or imitate the Jews,A súa fonte definitiva foi , romanizado:Yehudah Xudá",Judaism, AskOxford que tamén é a fonte do termo hebreo para o xudaísmo, Yahaḏuṯ. O termo «Ἰουδαϊσμός» aparece por primeira vez no libro de 2 Macabeos en grego koiné no século II a. C. (é dicir, 2 Macabeos 2:21, 8:1 e 14:38) . No contexto da época e o período, significaba "buscar ou formar parte dunha entidade cultural". Parecíase ao seu antónimo "hellenismos", unha palabra que significa a submisión das persoas ás normas culturais helenísticas. O conflito entre "iudaismos" e "hellenismos" estivo detrás da rebelión macabea e, por tanto, da invención do termo «iudaismos».

Shaye J. D. Cohen escribe no seu libro The Beginnings of Jewishness:

Daniel R. Schwartz, con todo, sostén que o "xudaísmo", especialmente no contexto do Libro dos Macabeos, refírese á relixión, en contraposición á cultura e a política do estado de Xudea. Cre que reflectía a división ideolóxica entre os fariseos e os saduceos e, implicitamente, as faccións antiasmoneas e proasmoneas da sociedade xudía. Historia Orixes A alianza con Abraham no libro do Xénese Unha parte importante da Biblia hebrea ou "Tanakh" é un relato da relación dos israelitas coa relixión e Deus desde os seus inicios até a construción do Segundo Templo (). Abrahán é considerado o primeiro hebreo e o pai do pobo xudeu. No Xénese, tres homes, que se especula que eran Deus ou arcanxos, ordenaron a Abrahán que se circuncidara a si mesmo e aos seus fillos como sinal de alianza, e os anxos prometéronlle que Isaac, o seu segundo fillo, herdaría a Terra de Israel (entón chamada Canaán) e cambiaron o nome da súa esposa de "Sarai", que significaba "burla", a "Sara", que significaba "princesa", e que ela daríalle un fillo na súa vellez e os seus descendentes tamén serían bendicidos e manterían "o pacto".

Movementos xudaicos miniatura|O Muro do oeste en Xerusalén é o único que fica do Segundo Templo. O Templo da Montaña é o lugar máis sagrado no Xudaísmo.

As distintas denominacións dentro do xudaísmo varían moito en cada pais. A máis coñecida e estruturada é a dos xudeus norteamericanos, que pode dividirse nos seguintes movementos: Xudaísmo ortodoxo (separado entre grupos "hasídicos" e "non-hasídicos", chamados mitnagdín). Xudaísmo conservador (fóra dos Estados Unidos é coñecido por Xudaísmo Masorti). Xudaísmo reconstrucionista. Xudaísmo reformista (fóra dos Estados Unidos tamén é coñecido como Xudaísmo progresista e, no Reino Unido, Xudaísmo liberal).

No Estado de Israel, as divisións céntranse no nivel de observancia relixiosa e non en movementos organizados. O Rabinato de Xerusalén pertence á corrente ortodoxa, que é a corrente máis institucionalizada.

O xudaísmo laico non é propiamente un movemento, senón unha visión dunha parte do pobo xudeu de que é posible vivir o xudaísmo desvinculado da relixión.

O chamado mesianismo ou xudaísmo mesiánico, que cre que Yeshua ben Yosef (Xesús, fillo de Xosé) é Ha Mashiach (O Mesías) prometido polos profetas do Tanakh (Antigo Testamento), non é considerado un movemento no seo da comunidade xudaica, non sendo recoñecido por ningunha das outras correntes, sendo efectivamente un grupo minoritario cristián que prega a conversión de xudeus a unha especie de cristianismo primitivo.

Textos xudaicos clásicos miniatura|Un manuscrito da tora. A tora contén os cinco libros de Moisés, ou a Biblia hebrea.

O texto fundamental do xudaísmo é a Biblia, que coincide co Antigo Testamento dalgunhas relixións protestantes e ten algunhas diferenzas co Antigo Testamento católico. O seu nome en hebreo é תנ"ך, Tanakh.

O asunto do Tanakh é un relato da relación dos israelitas con Deus, segundo os reflexos desa relación na súa historia desde o principio dos tempos e até a construción do Segundo Templo (preto do 350 a.d.C).

A parte principal do Tanakh é a tora, a Lei. Para os xudeus, a tora (o Pentateuco) foi transmitida a Moisés directamente de Deus. O seu contido foi compilado para que xamais fose esquecido e permanecese inmutable, mesmo co paso dos sabios que a transmitiron de xeración a xeración.

Conxunto de textos sagrados Nota: Algunhas destas categorías sobrepóñense, e algúns libros inclúen seccións que pertencen a máis dunha categoría.

A Biblia hebraica con comentarios Literatura rabínica O Mixná con comentarios Os Talmud de Xerusalén e Babilónico e respectivos comentarios O Toseftá O Midrás de Halakhá e de Aggadá Códigos de Lei e Costume Xudaicos A Mixné Torá con comentarios O Tur con comentarios O Shulchan Arukh con comentarios A literatura Responsa Pensamento e ética xudaicas Filosofía xudaica Ética xudaica e Movemento musar Cábala Xudaísmo Xasídico Poesía xudaica clásica (Piyyut) Liturxia xudaica, incluíndo o Siddur

Principios de fe miniatura|Interior da Sinagoga portuguesa de Ámsterdam. Xurdiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cales con moito en común entre si, mais diverxentes en varios aspectos. Unha comparación entre varias desas formulacións mostra un elevado grao de tolerancia polas diferentes perspectivas teolóxicas. O que segue é un sumario das crenzas xudaicas. Unha discusión máis detallada destas crenzas, acompañada por unha discusión sobre as súas orixes, pode ser atopada no artigo sobre os principios de fe xudaicos.

Monoteísmo: o xudaísmo baséase nun monoteísmo unitario estrito, a crenza nun único Deus. Deus é visto como eterno, o creador do universo e a fonte da moralidade. Deus é único: a idea de Deus como unha dualidade ou trindade é herética para os xudeus. É encarada como próxima do politeísmo. Curiosamente, en canto que os xudeus defenden que tales concepcións de Deus son incorrectas, son xeralmente de opinión que os xentís que teñen tales crenzas non son culpados. Deus é omnipotente (todopoderoso), omnisciente (todo sabe) e omnipresente (está en todo lugar). Os diversos nomes de Deus son maneiras de expresar diferentes aspectos da presenza de Deus no mundo. Véxase a entrada acerca do nome de Deus no xudaísmo. Deus é non-físico, non-corpóreo e eterno: todas as declaracións na Biblia hebraica e na literatura rabínica que utilizan antropomorfismo son encaradas como conceptos lingüísticos ou metáforas, por ser imposible falar de Deus doutro modo. Só a Deus se pode ofrecer preces: todas as crenzas de que pode ser usado un intermediario entre o home e Deus, sexa el necesario, sexa apenas opcional, teñen sido consideradas heréticas. A Biblia hebraica e moitas das crenzas descritas na Mishná e no Talmud son tidas como produto de Revelación divina. O modo como funciona a revelación, o que se quere dicir, exactamente, cando se di que un libro é "divino", ten sido desde sempre materia dalgunha disputa. Existen entre os xudeus diferentes perspectivas sobre este asunto. As palabras dos profetas son verdadeiras. Moisés foi o maior de todos os profetas e tamén o máis humilde. Como un gran profesor para o pobo xudeu. A tora (os cinco libros de Moisés) é o texto principal do xudaísmo: o xudaísmo rabínico defende que a tora é idéntica á que foi entregada por Deus a Moisés no Monte Sinaí. Os xudeus ortodoxos consideran que a tora que existe hoxe é exactamente aquela que foi entregada por Deus a Moisés, cun número reducido de dúbidas de copia. Debido aos avances nos estudos bíblicos e na investigación arqueolóxica e lingüística, a maioría dos xudeus non ortodoxos rexeita este principio. En vez diso, aceptan que o núcleo da tora oral e escrita pode provir de Moisés, mais afirman que a tora escrita que existe hoxe foi amalgamada a partir de varios documentos. Deus escolleu o pobo xudeu para participar nunha alianza única con Deus; a descrición desta alianza é a propia tora. Ao contrario do que xeralmente se pensa, o pobo xudeu non di simplemente que "Deus escolleu os xudeus". Os xudeus consideran que foron escollidos para desempeñar unha misión específica: para servir de luz para as nacións e para ter unha alianza con Deus tal como está descrito na tora. Esta idea é discutida en maior profundidade na entrada sobre o pobo escollido. O xudaísmo reconstrucionista rexeita o concepto da escolla como moralmente defunto. A era mesiánica. Haberá un Mashíach (Mesías) e unha era mesiánica.