O 16 de marzo é o 75º día do ano do calendario gregoriano e o 76º nos anos bisestos. Quedan 290 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1960 - Estréase o filme À bout de souffle, de Jean-Luc Godard, representativo da Nouvelle Vague. 1969 - 155 persoas morren cando un avión DC-9 de Venezuela Airlines se estrelou tras a engalaxe en Maracaibo, Venezuela. 1987 - O Senado español celebra o 175 aniversario da Constitución de Cádiz de 1812. 1994 - España é, nesta data, o país europeo máis afectado pola SIDA, con 22 655 casos acumulados dende 1981. 2010 - ETA asasina ó policía francés Jean Serge Nèrin. Considérase o último asasinato cometido por ETA La Voz de Galicia, 9.04.2017..

Nacementos miniatura|100px|Isabelle Huppert. 1478 - Francisco Pizarro, explorador e conquistador castelán (m. 1521). 1751 - James Madison, cuarto presidente dos Estados Unidos (m. 1836). 1789 - Georg Simon Ohm, físico e matemático alemán (m. 1854). 1887 - Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista galego (m. 1930). 1892 - César Vallejo, poeta peruano (m. 1938) 1897 - Carlos Maside, pintor galego (m. 1958). 1906 - Francisco Ayala, escritor español (m. 2009). 1907 - Sully Prudhomme, primeiro Premio Nobel de Literatura en 1901. 1918 - Frederick Reines, físico (Premio Nobel de Física en 1995). 1920 - Tonino Guerra, escritor e guionista italiano (m. 2012). 1926 - Jerry Lewis, humorista e actor estadounidense. 1941 - Manuel Torreiglesias, xornalista e escritor galego. 1945 - Euloxio R. Ruibal, escritor e director teatral galego. 1949 - Sergio Denis, cantante e compositor arxentino. 1953 - Richard Stallman, fundador e "gurú" do Software libre, creador do Proxecto GNU. 1953 - Isabelle Huppert, actriz francesa.

1964 - Teresa Orjales Vidal,diplomática e avogada galega. 1981 - Fabiana Murer, atleta brasileira.

1986 - Gala González, deseñadora de moda, modelo e blogueira galega.

Mortes miniatura|100px|Giovanni Battista Pergolesi. 37 - Tiberio, emperador romano. 454 - Valentiniano III, emperador romano. 1736 - Giovanni Battista Pergolesi, compositor italiano (n. 1910). 1884 - Gaspar Rodríguez Rodríguez, médico, político e escritor galego (n. 1835). 1907 - Manuel Rilo Pardo, gaiteiro galego (n. 1829). 1930 - Miguel Primo de Rivera, militar e político español. 1933 - Manuel Ortiz Novo, mestre, escritor e xornalista galego (n. 1891). 1935 - John James Rickard Macleod, médico escocés (n. 1876).

1937 - Emilio Alonso Paz, político galego (n. 1878). 1969 - Herberto Blanco Rodríguez, xornalista galego (n. 1889). 1973 - Francisco Cabo Pastor, médico e escritor galego (n. 1872). 1979 - Jean Monnet, empresario e político francés (n. 1888). 1995 - Heinrich Sutermeister, compositor de ópera suízo. 2002 - Antonio Rivera Losada, escritor e xornalista galego (n. 1920). 2013 - César Oro García, lingüista galego (n. 1924). 2026 - Dolores Keane, cantante irlandesa (n. 1953).

Festas e celebracións Día Mundial do Sono (Sociedad Española del Sueño ).

Outros Santoral: Hilario, Agapito, Patricio, Heriberto, Bonifacio, Queritano, bispos; Taciano, diácono; Félix, Dionisio, Largo, Julián, Petronila, Columba, Damián, Valentín, mártires; Abraham, eremita; Eusebia, abadesa.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Marzo