Chámase Guerra de Sucesión castelá ao conflito bélico que se produciu de 1475 a 1479 pola sucesión da coroa de Castela entre os partidarios de Xoana de Trastámara, filla do defunto monarca Henrique IV de Castela, e os de Isabel, medio irmá deste último.

A guerra tivo un marcado carácter internacional porque Isabel estaba casada con Fernando, herdeiro da coroa de Aragón, mentres que Xoana casara co rei Afonso V de Portugal. Francia tamén interveu, apoiando a Portugal para evitar que Aragón, o seu rival en Italia, se unise á poderosa Castela.

A pesar dalgúns éxitos iniciais para os partidarios de Xoana, a escasa agresividade militar de Afonso V e a derrota portuguesa na batalla de Toro levaron á desintegración do bando xoanista entre 1476 e 1477. A partir de entón o conflito consistiu esencialmente nunha guerra entre Castela e Portugal, cobrando grande importancia a guerra naval no océano Atlántico, onde as frotas portuguesas impuxéronse ás castelás na loita polo acceso ás riquezas de Guinea.

A guerra concluíu en 1479 coa firma do Tratado de Alcáçovas, que recoñecía a Isabel e Fernando como reis de Castela e outorgaba a Portugal a hexemonía no Atlántico, coa excepción das illas Canarias. Xoana perdeu o seu dereito ao trono e tivo que permanecer en Portugal ata a súa morte.

Este conflito foi chamado tamén guerra civil castelá, pero este nome induce a confusión con outras guerras civís que afectaron a Castela nos séculos XIV e XV. Algúns autores falan de guerra de Portugal pero este nome é parcial (claramente denota un punto de vista castelán) e fai esquecer que o bando xoanista tamén podía considerarse castelán lexitimamente. Outras veces utilizouse o termo guerra peninsular, a non confundir co nome inglés da guerra da Independencia española (1808-1814). Para rematar, algúns autores prefiren a expresión neutra de guerra de 1475-1479. Antecedentes O problema da sucesión ao trono de Castela miniatura|115px|esquerda|Isabel e Fernando.

En 1462 nace Xoana de Trastámara, a primeira e única filla do rei Henrique IV de Castela, que inmediatamente é nomeada princesa de Asturias. Con todo, as presións dunha parte da nobreza obrigan ao rei a desposuíla do título e nomear no seu lugar herdeiro ao seu medio irmán Afonso en 1464. Desde esta época xorde un rumor que afirma que a princesa Xoana non é realmente filla do rei Henrique senón do seu valido, Beltrán de la Cueva, polo cal comezaron a chamala «a Beltranexa».

En 1465 os nobres, reunidos en Ávila, acordan destronar a Henrique e nomean rei a Afonso na denominada «farsa de Ávila». Estala así unha guerra que non terminará ata 1468, coa morte de Afonso. Henrique IV recupera plenamente o poder e o título de herdeira pasa a ser disputado entre Xoana e Isabel, irmá de Afonso e segunda na liña de sucesión.

Isabel rompe con Henrique IV en 1469, fuxindo para casar co seu primo Fernando, herdeiro da coroa de Aragón no Palacio de los Vivero de Valladolid o 19 de outubro de 1469. Aos poucos a parella vai gañando apoios, obtendo o apoio do legado papal Rodrigo Borgia en 1472 e o da poderosa casa de Mendoza en 1473.

En 1474 morre Henrique IV e cada unha das dúas candidatas ao trono son proclamadas raíña de Castela polos seus respectivos partidarios.

Os xoanistas, conscientes da súa posición de debilidade fronte ao bando isabelino, propón ao rei de Portugal, Afonso V, tío de Xoana, que case con ela a pesar da consanguinidade e se converta en rei de Castela. Afonso acepta, co cal a forza dos dous bandos queda máis equilibrada e perfílase a guerra como único método para resolver o conflito.

miniatura|dereita|225px|Europa occidental en 1470.

Alianzas internacionais O reino de Francia e a coroa de Aragón mantiñan unha antiga rivalidade polo control do Rosellón e, máis recentemente, pola hexemonía en Italia. En xuño de 1474 as tropas francesas invadiron o Rosellón e os aragoneses tiveron que repregarse. Fernando intercedeu ante o seu pai Xoán II para que non declarase a guerra a Francia, concentrando a súa atención nos asuntos casteláns. De todos os xeitos, en setembro de 1475 Lois XI de Francia púxose oficialmente ao lado de Xoana e de Portugal, ante a perspectiva de que o herdeiro do trono aragonés se fose converter tamén en rei de Castela.

Nese momento Francia estaba tamén en guerra con Borgoña. Isto convertía aos borgoñones en aliados teóricos do bando isabelino pero na práctica seguiron facendo a guerra pola súa conta, sen coordinar as súas accións cos castelán-aragoneses. Tamén Inglaterra entrou brevemente en guerra con Francia ao desembarcar o seu rei Eduardo IV en Calais en xuño de 1475 pero, nunha rápida resposta diplomática, Lois XI acordou con Eduardo en agosto a paz de Picquigny. O rei de Inglaterra concedeu unha tregua de nove anos a cambio dunha importante compensación económica e volveuse ao seu reino.

Pola súa banda, o reino de Navarra vivía unha guerra civil intermitente entre beaumonteses e agramonteses, á que se superpoñían os intentos de Francia e de Aragón por controlar o reino.

Para rematar, o reino musulmán de Granada mantívose neutral, a pesar dos esforzos portugueses por involucralo na guerra.

Rivalidade entre Castela e Portugal no Atlántico miniatura|esquerda|150px|Reconstrución actual dunha carabela portuguesa. Ao longo do século XV, os exploradores, comerciantes e pescadores de Portugal e de Castela foran internándose cada vez máis profundamente no océano Atlántico. A posesión das Illas Canarias foi desde o principio un punto de fricción entre as dúas coroas. Máis tarde, o control do comercio cos territorios de Guinea e Elmina, moi ricos en ouro e escravos, converteuse nunha disputa aínda máis importante.

Durante a primeira metade do século Castela organizou a conquista dalgunhas das illas Canarias (Lanzarote, Fuerteventura, Hierro e Gomera) mediante pactos de vasalaxe primeiro con cabaleiros normandos e logo con nobres casteláns. Portugal mantivo a súa oposición á autoridade castelá nas illas e pola súa banda foi avanzando na exploración de Guinea, obtendo grandes beneficios comerciais.

A partir de 1452 os papas Nicolao V e o seu sucesor Calisto III modificaron a anterior política de neutralidade da Santa Sé e outorgaron unha serie de bulas favorables a Portugal, reservando a este país o control do comercio e a autoridade relixiosa nunha ampla zona hasta toda la Guinea e más allá. Non arbitraron a cuestión das Canarias, cuxa conquista doutra banda quedara relativamente estancada. O rei de Portugal adoptou unha política comercial aberta, permitindo a súbditos estranxeiros comerciar nas costas africanas a cambio dos correspondentes impostos. O único prexudicado era así o rei de Castela.

En agosto de 1475, tras o estalido da guerra, Isabel reclamou que as partes de Africa et Guinea pertencían a Castela por dereito e incitou aos seus comerciantes a navegar a elas, iniciando a guerra naval no Atlántico.

O conflito Bandos da guerra en 1475 A favor de Xoana: Portugal. Francia. Unha parte da alta nobreza castelá: o arcebispo de Toledo, a familia Estúñiga, o marqués de Villena, o marqués de CádizSegundo CIDADE RUIZ, Rodrigo Ponce de León era o principal membro da oposición aos reis en Andalucía xunto con Afonso de Aguilar, pero non quixo rebelarse abertamente, aínda que mantivo a súa guerra particular co duque de Medinasidonia. e o mestre da Orde de Calatrava.

A favor de Isabel: a coroa de Aragón o resto da nobreza castelá: a moi poderosa casa de Mendoza, a familia Manrique de Lara, o duque de Medina Sidonia, o ex valido Beltrán de la Cueva, a Orde de Santiago e a Orde de Calatrava agás o seu mestre.Ata a morte do marqués de Villena en 1474, cando (...) o comendador maior, o clavero e outros cabaleiros da Orde tomen o partido da raíña Isabel fronte ao maestre, partidario nese momento de dona Xoana, en CIDADE RUIZ

O ducado de Borgoña e o reino de Inglaterra estaban en guerra con Francia en 1475 pero non coordinaron as súas accións cos partidarios de Isabel e por iso non se lles considera normalmente integrantes do bando isabelino.

A loita polo trono (maio de 1475 - setembro de 1476) Afonso V entra en Castela 150px|miniatura|Armas de Afonso V, entre 1475 e 1479, como rei de Portugal e rei de Castela-León. Un exército portugués entrou no territorio da coroa de Castela con Afonso V á fronte o 10 de maio de 1475 e avanzou ata Plasencia, onde lle esperaba Xoana.NAVARRO SAINZ Nesa cidade foron proclamados Xoana e Afonso reis de Castela e de León o 25 de maio e desposáronse, quedando a voda pendente dunha dispensa papal que obtiveron uns meses máis tarde. De alí marcharon a Arévalo, con intención de dirixirse a Burgos. Tanto o castelo de Burgos como as cidades de Plasencia e de Arévalo estaban controlados polos Estúñiga, partidarios de Xoana, aínda que a cidade de Burgos en si era isabelina. Desde alí Afonso esperaba poder enlazar coas tropas que enviase o seu aliado Lois XI de Francia.

Con todo, Afonso atopou en Castela menos apoios dos esperados e cambiou de plans, preferindo dedicarse a consolidar o control da zona máis próxima a Portugal, en particular Toro, cidade que o acolleu favorablemente aínda que a gornición do castelo se proclamou fiel a Isabel. Tamén aceptaron ao rei portugués Zamora e outras vilas leonesas do baixo Douro. Na Mancha, o maestre da Orde de Calatrava, xoanista, conquistou Cidade Real pero rapidamente o clavero da mesma orde e o maestre da orde de Santiago recuperaron a cidade para o bando isabelino.CIUDAD RUIZ

Fernando concentrou un grande exército en Tordesillas e o 15 de xullo ordenou porse en marcha, buscando o encontro con Afonso. Catro días despois chegou a Toro pero o portugués evitou o combate e Fernando, falto de recursos para un asedio prolongado, tivo que retornar a Tordesillas e disolver o seu exército. O castelo de Toro rendeuse a Afonso V, que con todo, non aproveitou para avanzar sobre Burgos senón que volveu a Arévalo á espera da intervención francesa.

O conde de Benavente, partidario de Isabel, situouse cunha pequena forza en Baltanás (Palencia) para vixiar aos portugueses. Foi atacado o 18 de novembro de 1475, sendo derrotado e feito prisioneiro tras unha dura resistencia. A pesar de que esta vitoria abríalle o camiño a Burgos, Afonso V decidiu unha vez máis retirarse a Zamora. A falta de combatividade do rei de Portugal debilitou o campo xoanista en Castela, que empezou a desintegrarse.ÁLVAREZ PALENZUELA

Contraataque isabelino Os isabelinos contraatacaron tomando Trujillo e gañando o control das terras da Orde de Alcántara, gran parte das de Calatrava e do marquesado de Villena. O 4 de decembro unha parte da gornición de Zamora rebelouse contra o rei Afonso, que tivo que fuxir a Toro. A gornición portuguesa mantivo o control do castelo, pero a cidade acolleu a Fernando o día seguinte.

En xaneiro de 1476 o castelo de Burgos rendeuse a Isabel mediante un pacto que evitou represalias contra os vencidos.

A batalla de Toro miniatura|Castelo de Zamora.

En febreiro o exército portugués, reforzado por tropas traídas polo príncipe Xoán, saíu da súa base de Toro e cercou a Fernando en Zamora. Con todo, o asedio era menos duro para os cercados que para os portugueses, á intemperie no duro inverno zamorano, así que o 1 de marzo Afonso levantou o campo e retirouse cara a Toro. As tropas de Fernando lanzáronse na súa persecución e alcanzárono a unha legua (uns 5 quilómetros) desta cidade,Carta do rei Fernando á cidade de Baeza, 2 de marzo de 1476. Colección de documentos inéditos para a Historia de España, t. XIII, p. 396 obrigándolle a establecer combate. Foron tres horas de loita moi confusa, interrompida pola choiva e pola caída da noite. O rei portugués retirouse a Castronuño con parte das súas tropas mentres o seu fillo Xoán permaneceu fronte a Toro, repregándose ordenadamente co seu exército ao interior das murallas e ata facendo prisioneiros algúns inimigos.