A CONMEBOL LibertadoresLa CONMEBOL presentó el nuevo logo de la Copa Libertadores (en español) Consultado o 25/06/2017¡Más cambios! Nuevos logo y nombre para la Copa Libertadores (en español) Consultado o 25/06/2017 é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Suramérica, organizada pola Confederación Suramericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Suramérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.
O equipo con máis títulos da Copa Libertadores é o Independiente de Avellaneda con 7. O actual campión é o Palmeiras de São Paulo que gañou as edicións de 2020 e 2021, contra Santos e Flamengo respectivamente.
O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.
Formato da competición A Copa Libertadores dispútase na primeira metade de cada ano, comezando en xaneiro e xogándose a final polo mes de xuño. O Brasil e a Arxentina achegan 5 equipos ó torneo, e cada ún dos restantes países da Conmebol achegan 3 equipos (o Uruguai, Chile, Paraguai, Bolivia, o Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela). O país do equipo gañador na última edición, ten dereito a ter un representante a maiores. A Conmebol convida a México para que participe no torneo achegando outros 3 equipos. Deste xeito cada ano hai 38 equipos disputando a Copa Libertadores. Primeira Fase Na primeira fase participan os 12 peores equipos en función do xeito polo que acadaron o dereito a competir neste torneo. Por exemplo, Ecuador achega ós 3 primeiros equipos clasificados na súa liga o ano anterior, e neste caso o 3º equipo ten que partipar nesta primeira fase. Cada país ten un equipo nesta fase, menos o país do último campión, que ten 2 equipos nesta fase. A fase consiste nunha eliminatoria con encontros de ida e volta. Os 6 equipos gañadores pasan á segunda fase, que é a fase de grupos. Fase de Grupos A fase de grupos da Copa Libertadores é igual que a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. Consiste en 8 grupos con 4 equipos por grupo. Os 4 equipos de cada grupo xogan entre si na casa e fora, de xeito que cada equipo disputa 6 encontros, 2 fronte a cada equipo. Cando a fase de grupos remata, os 2 primeiros equipos de cada grupo pasan á seguinte fase, os oitavos de final. Oitavos de final Nos oitavos de final da Copa Libertadores enfróntanse os primeiros equipos da fase de grupos fronte ós segundos equipos. As eliminatorias son a dobre encontro, e os equipos que remataron primeiros na fase de grupos agora teñen dereito a xogar na casa o partido de volta. Os gañadores desta eliminatoria pasan a cuartos de final. Cuartos de final A esta fase do torneo chegan os 8 gañadores dos oitavos de final. Esta eliminatoria é igual que a anterior, a dobre encontro, ida e volta. O encontro de volta xógase na casa do equipo que foi mellor na fase de grupos, tendo en conta a posición no seu grupo (1º ou 2º) e os puntos e goles acadados. Os gañadores pasan ás semifinais. Semifinais Nas semifinais séguese a ter conta como foi a participación de cada un dos 4 equipos na fase de grupos para determinar quen xoga o encontro de volta na casa. Final
Anteriormente a final da Copa Libertadores xogábase a dobre encontro, ida e volta, nos estadios que elixían os propios equipos, que ás veces eran os seus propios, e outras veces eran estadios próximos cunha maior capacidade para acoller ós seareiros. No caso de empate, o campión decidíase nos lanzamentos de penaltis. Dende 2019 xógase a partido único nun estadio neutral escollido pola Conmebol.
Palmarés É importante sinalar que no caso de producirse un empate nunha final da Copa Libertadores, non se aplica a norma do valor dobre dos goles marcados fóra da casa, como se fai en Europa en competicións como a Liga de Campións da UEFA ou a Copa do Rei. Se se tivese aplicado esa norma, moitos dos campións da Copa Libertadores non o terían sido. Por exemplo, na final da edición 2008 houbo un 4-2 en Quito a prol do LDU Quito e un 3-1 no Río de Xaneiro a prol do Fluminense FC. De terse empregado a "norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa en caso de empate", o campión sería o equipo brasileiro, pero a final decidiuse nos penaltis, e o campión foi o equipo de Ecuador. Esta situación tamén sucedeu no ano 2000. Ata 1987 a norma era que se cada equipo gañaba un encontro (polo resultado que fora) había que desempatar a final e no 1987 tivo que xogarse un partido de desempate a pesar de que no primeiro encontro da final o CD América venceu por 2-0 en Cali ó CA Peñarol, e no encontro de volta o CA Peñarol venceu por 2-1. Xa no 1988, houbo unha prórroga despois do segundo xogo final entre Nacional de Montevideo e Newell's Old Boys e o Nacional tivo vantaxe por mellor 'goal average' (3-1 no total da final) e co empate de 0-0 na prórroga gañou a Copa pola terceira vez. Un total de 12 finais tiveron un 3º encontro de desempate, algunhas delas a pesar de non existir empate a goles no global dos 2 primeiros encontros da final. 250px|miniatura|dereita|Imaxe da final 2011 entre Santos e Peñarol.
250px|miniatura|dereita|O Estudiantes a finais dos anos 60. 250px|miniatura|dereita|O Peñarol, gañador a comezos dos anos 60. Finais da Copa LibertadoresTempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 2021 Palmeiras 2-1 Flamengo 2020 Palmeiras 1-0 Santos 2019 Flamengo 2-1 River Plate 2018 River Plate 2-2 e 3-1 Boca Juniors 2017 Grêmio 1-0 e 2-1 Lanús 2016 Atlético Nacional 1-1 e 1-0 Independiente del Valle 2015 River Plate 0-0 e 3-0 Tigres 2014 San Lorenzo 1-1 e 1-0 Nacional 2013 Atlético Mineiro 0-2 e 2-0 (Pen.) Olimpia 2012 Corinthians 1-1 e 2-0 Boca Juniors 2011 Santos 0-0 e 2-1 Peñarol 2010 Internacional 2-1 e 3-2 Guadalajara 2009 Estudiantes LP 0-0 e 2-1 Cruzeiro 2008 LDU Quito 4-2 e 1-3 (Pen.) Fluminense 2007 Boca Juniors 3-0 e 2-0 Grêmio 2006 Internacional 2-1 e 2-2 São Paulo 2005 São Paulo 1-1 e 4-0 Atlético Paranaense 2004 Once Caldas 0-0 e 1-1 (Pen.) Boca Juniors 2003 Boca Juniors 2-0 e 3-1 Santos 2002 Olimpia 0-1 e 2-1 (Pen.) São Caetano 2001 Boca Juniors 1-0 e 0-1 (Pen.) Cruz Azul 2000 Boca Juniors 2-2 e 0-0 (Pen.) Palmeiras 1999 Palmeiras 0-1 e 2-1 (Pen.) Deportivo Cali 1998 Vasco da Gama 2-0 e 2-1 Barcelona 1997 Cruzeiro 0-0 e 1-0 Sporting Cristal 1996 River Plate 0-1 e 2-0 América 1995 Grêmio 1-1 e 3-1 Atlético Nacional 1994 Vélez Sársfield 1-0 e 0-1 (Pen.) São Paulo 1993 São Paulo 5-1 e 0-2 Universidad Católica 1992 São Paulo 0-1 e 1-0 (Pen.) Newell's Old Boys 1991 Colo-Colo 0-0 e 3-0 Olimpia 1990 Olimpia 2-0 e 1-1 Barcelona 1989 Atlético Nacional 0-2 e 2-0 (Pen.) Olimpia 1988 Nacional 0-1 e 3-0 Newell's Old Boys 1987 Peñarol 0-2, 2-1 e 1-0 América 1986 River Plate 2-1 e 1-0 América 1985 Argentinos Juniors 1-1 e 3-1 América 1984 Independiente 1-0 e 0-0 Grêmio 1983 Grêmio 1-1 e 2-1 Peñarol 1982 Peñarol 0-0 e 1-0 Cobreloa 1981 Flamengo 2-1, 0-1 e 2-0 Cobreloa 1980 Nacional 0-0 e 1-0 Internacional 1979 Olimpia 2-0 e 0-0 Boca Juniors 1978 Boca Juniors 0-0 e 4-0 Deportivo Cali 1977 Boca Juniors 1-0 e 0-1 (Pen.) Cruzeiro 1976 Cruzeiro 4-1, 1-2 e 3-2 River Plate 1975 Independiente 0-1, 3-1 e 2-0 Unión Española 1974 Independiente 1-2, 2-0 e 1-0 Sao Paulo 1973 Independiente 1-1, 0-0 e 2-1 Colo-Colo 1972 Independiente 0-0 e 2-1 Universitario 1971 Nacional 0-1, 1-0 e 2-0 Estudiantes LP 1970 Estudiantes LP 1-0 e 0-0 Peñarol 1969 Estudiantes LP 1-0 e 2-0 Nacional 1968 Estudiantes LP 2-1, 1-3 e 2-0 Palmeiras 1967 Racing Club 0-0, 0-0 e 2-1 Nacional 1966 Peñarol 2-0, 2-3 e 4-2 River Plate 1965 Independiente 1-0, 1-3 e 4-1 Peñarol 1964 Independiente 0-0 e 1-0 Nacional 1963 Santos 3-2 e 2-1 Boca Juniors 1962 Santos 2-1 2-3 e 3-0 Peñarol 1961 Peñarol 1-0 e 1-1 Palmeiras 1960 Peñarol 1-0 e 1-1 Olimpia
Títulos por club +EquipoTítulosSubcampionatosAnos campiónAnos subcampión Independiente 7-1964, 1965, 1972, 1973, 1974, 1975, 1984 Boca Juniors6 51977, 1978, 2000, 2001, 2003, 20071963, 1979, 2004, 2012, 2018 Peñarol5 51960, 1961, 1966, 1982, 1987 1962, 1965, 1970, 1983, 2011 River Plate4 31986, 1996, 2015, 20181966, 1976, 2019 Estudiantes4 11968, 1969, 1970, 2009 1971 Olimpia3 41979, 1990, 20021960, 1989, 1991, 2013 Nacional3 31971, 1980, 19881964, 1967, 1969 São Paulo3 31992, 1993, 20051974, 1994, 2006 Palmeiras3 31999, 2020, 20211961, 1968, 2000 Santos3 21962, 1963, 20112003, 2020 Grêmio3 21983, 1995, 20171984, 2007 Cruzeiro2 21976, 19971977, 2009 Internacional2 12006, 20101980 Atlético Nacional2 11989, 20161995 Flamengo2 11981, 2019 2021 Colo-Colo1 119911973 Racing Club1-1967 Argentinos Juniors1-1985 Vélez Sarsfield1-1994 Vasco da Gama1-1998 Once Caldas1-2004 Liga de Quito1-2008 Corinthians1-2012 Atlético Mineiro1-2013 San Lorenzo1-2014 América de Cali- 41985, 1986, 1987, 1996 Cobreloa- 21981, 1982 Newell's Old Boys- 21988, 1992 Barcelona- 21990, 1998 Deportivo Cali- 21978, 1999 Universitario- 11972 Unión Española- 11975 Universidad Católica- 11993 Sporting Cristal- 11997 Cruz Azul- 12001 São Caetano- 12002 Athletico Paranaense- 12005 Fluminense- 12008 Guadalajara- 12010 Nacional- 12014 Tigres- 12015 Independiente del Valle- 12016 Lanús- 12017 Notas
Véxase tamén
Outros artigos Conmebol Copa América Copa Mundial de Clubs da FIFA Liga de Campións da UEFA Ligazóns externas Páxina oficial da Copa Libertadores da Conmebol Base de datos da Copa Libertadores en RSSSF