Catch Me If You Can é un filme biográfico dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2002. Baséase na vida de Frank Abagnale Jr., considerado un dos meirandes impostores da historia,Salinger, Lawrence M., [https://books.google.com/books?id=P41ij0GoFL4C&q=Abagnale#v=snippet&q=Abagnale&f=false Encyclopedia of white-collar and corporate crime]: A – I, Volume 1, page 418, ISBN 0-7619-3004-3, 2005. quen antes de cumprir 19 anos gañou millóns de dólares con cheques falsos, fíxose pasar por piloto da Pan American World Airways, médico en Xeorxia doutor, e fiscal en Luisiana. O seu crime principal foi fraude con cheques, e chegou a ser tan hábil que o FBI acudiu a el para pedirlle axuda na captura doutros falsificadores. Está protagonizado por Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, con Christopher Walken, Martin Sheen e Nathalie Baye nos papeis secundarios.
O desenvolvemento do filme comezou en 1980 pero non progresou até 1997, cando os dereitos do libro autobiográfico de Abagnale foron vendidos a DreamWorks de Spielberg. David Fincher, Gore Verbinski, Lasse Hallström, Miloš Forman e Cameron Crowe foron candidatos posibles para director antes de que Spielberg decidise dirixilo. A rodaxe produciuse entre febreiro e maio de 2002. Foi un éxito da crítica e de recadación, e Abagnale tamén tivo unha reacción positiva da adaptación cinematográfica.
Sinopse Frank W. Abagnale (Leonardo DiCaprio) é un xove e escorregadizo delincuente que gaña millóns de dólares cometendo fraude con cheques, e que adopta diversas identidades (médico, avogado ou copiloto de liñas aéreas). Carl Hanratty (Tom Hanks) é un axente do FBI, cuxa única misión consiste en seguirlle a pista e capturalo para levalo ante a xustiza, pero Frank sempre vai un paso por diante del.
Personaxes Leonardo DiCaprio como Frank Abagnale Jr. Tom Hanks como Carl Hanratty. Christopher Walken como Frank Abagnale, Sr. Nathalie Baye como Paula Abagnale. Amy Adams como Brenda Strong. Martin Sheen como Roger Strong. James Brolin como Jack Barnes. Nancy Lenehan como Carol Strong.
Brian Howe, Frank John Hughes e Chris Ellis interpretan ós axentes do FBI. Jennifer Garner fai un cameo, e Ellen Pompeo e Elizabeth Banks teñen papeis menores. O Frank Abagnale real aparece como o policía francés que detén ó personaxe.
Galardóns e nomeamentos 2002: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actor secundario (Christopher Walken), bso. 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor - drama (Leonardo DiCaprio). 2002: BAFTA: Mellor actor secundario (Christopher Walken). 4 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Frank Abagnale Jr. e Stan Redding. Catch Me If You Can: The Amazing True Story of the Youngest and Most Daring Con Man in the History of Fun and Profit. (ISBN 0-06-052971-7).
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Ficha en AllMovie Rotten Tomatoes
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Steven Spielberg Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes baseados en feitos reais