Frank Vogel, nado o 21 de xuño de 1973, é un adestrador estadounidense de baloncesto profesional. Vogel foi tamén ollador para os Los Angeles Lakers e os Washington Wizards. Vogel comezou a súa traxectoria coma adestrador sendo asistente dos Philadelphia 76ers, dos Boston Celtics, e dos Indiana Pacers, equipo no que foi adestrador principal por primeira vez.

Traxectoria Vogel comezou a súa carreira coma coordinador de vídeo dos Boston Celtics para o adestrador Rick Pitino. Estivo nese posto durante cinco anos ata que ascendeu a adestrador asistente. Tras a súa etapa en Boston, converteuse en adestrador asistente dos Philadelphia 76ers. Vogel deixou os 76ers para ser ollador dos Los Angeles Lakers na tempada 2005-06 e dos Washington Wizards na tempada 2006-07. Despois, Vogel fíxose co posto de asistente nos Indiana Pacers, con Jim O'Brien de adestrador. En 2011, tras ser despedido O'Brien, Vogel foi nomeado adestrador provisional. Coma adestrador, Vogel liderou aos Pacers á súa primeira participación en playoffs dende o ano 2006. Vogel foi nomeado oficialmente adestrador principal dos Pacers o 6 de xullo de 2011.

O 20 de maio de 2016, Vogel foi contratado coma adestrador dos Orlando Magic. Tras dúas tempadas en Orlando, Vogel foi despedido o 12 de abril de 2018.Orlando Magic dismiss coach Frank Vogel

Notas

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores asistentes dos Boston Celtics Categoría:Adestradores asistentes dos Philadelphia 76ers‎ Categoría:Adestradores asistentes dos Indiana Pacers Categoría:Adestradores dos Indiana Pacers Categoría:Adestradores dos Orlando Magic‎ Categoría:Adestradores dos Los Angeles Lakers‎