Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 714 habitantes (367 homes e 347 mulleres). Até 1928 pertenceu á parroquia de Olveira.
Nela sitúase o cabo de Corrubedo e unha pequena parte do parque natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.
Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.
Xentilicio Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é corrubedán.
Patrimonio O templo, de estilo neoclásico, construíuse entre fins do século XIX e comezos do XX.
Corrubedo na literatura popular Refraneiro Ronca Corrubedo, mariñeiro ponte quedo Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 9..
Cantigueiro A criada do cura/ de Corrubedo,/ ao picar a verdura/ picou un dedo Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192..
Existe unha lenda, a lenda do boi bruón, que conta que no fondo da lagoa de Carregal se atopa a vila asolagada de Reirís, tamén coñecida como Valverde, Malverde ou Bretal. Di a lenda que había un rei mouro que quixo casar coa filla do rei de Reirís. Tanto o rei como a propia filla rexeitárono, pois non querían saber nada de mouros. Como vinganza, o mouro, que tamén era meigo, provocou un tremor de terra e tal arroiada que a cidade quedou asolagada emorreron tódolos veciños. A princesa e o rei lograron fuxir e este colleu a espada para matar ó mouro que, asustado, transformouse en boi para poder correr máis pero tanto subiu a auga que terminoiu arrastrado pola corrente e afogado na lagoa. El é o boi bruón que de cando en vez se escoita en distintos lugares da lagoa..Galiciaencantada.com, Micromitos: Reiriz.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Corrubedo, Ribeira
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Corrubedo
Parroquias de Ribeira
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Ribeira
Ligazóns externas Fernando Cabeza Quiles en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 30.09.2024)
Categoría:Parroquias de Ribeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María