225088 Gonggong, designación provisional , é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 1,7. Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano máis grandes: Mike Brown estima que ten un tamaño entre o de e o de . O anuncio do seu descubrimento foi feito público formalmente o 7 de xaneiro do ano 2009.
Alcume O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo. Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado. Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.
Características Gonggong acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856. Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol. Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de (97 UAs) e Sedna (88 UAs). De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna, e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris, moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.
Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta anano , facendo del un obxecto do disco disperso. Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna. Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.
Órbitaframeless|center|upright=1.5A órbita de Gonggong comparada coa órbita de e ].Resonancia non confirmadaframeless|center|upright=1.5O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.
O programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosa a súa órbita nominal en resonancia 10:3 con Neptuno.
O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7. Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km) e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km). É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).
Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen. Isto probablemente é debido á retención de metano.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Obxecto trans-neptuniano Plutoide Plutino Planeta anano
Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris 2007 OR10 Precovery Images 2007 OR10 Minor planet designation number The redemption of Snow White (Part 1) (Mike Brown blog 9 Aug 2011)
Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano