miniatura|dereita|350 px|Estrutura química do coencima A. miniatura|dereita|Modelo do coencima A. miniatura|dereita|Compoñentes do coencima A. 1 é a adenosina 3'-fosfato, 2 é o pirofosfato unido á adenosina, 3 e 4 é o pantotenato, 5 é a cisteamina. O coencima A ou coenzima A (abreviado como CoA, CoASH, ou HSCoA) é un coencima, moi importante no metabolismo dos ácidos graxos e na oxidación do piruvato e ciclo de Krebs. Todos os xenomas secuenciados ata agora codifican encimas que usan o coencima A como substrato e arredor do 4% dos encimas celulares utilízano como substrato como tal ou como algún tioéster seu (como o acetil-CoA, por exemplo).
A molécula consta dos seguintes compoñentes: un nucleótido de adenina con tres fosfatos, un deles no carbono 3', e os outros dous en forma de pirofosfato unido ao carbono 5'. un pantotenato (ácido pantoténico) derivado da vitamina B5, unido ao pirofosfato. unha cisteamina (ou β-mercaptoetanolamina) unida ao pantotenato. Esta é a molécula que leva o grupo reactivo do coencima, un grupo tiol ou -SH, por onde se enlaza aos acilos que transporta.
Biosíntese O coencima A sintetízase nun proceso en cinco pasos a partir do pantotenato e a cisteína: O pantotenato (vitamina B5) fosforílase a 4'-fosfopantotenato por acción do encima pantotenato quinase (PanK; CoaA; CoaX) Engádese despois unha cisteína ao 4'-fosfopantotenato polo encima fosfopantotenoílcisteína sintetase (PPC-DC; CoaB) para formar 4'-fosfo-N-pantotenoilcisteína (PPC) A PPC é descarboxilada a 4'-fosfopanteteína pola fosfopantotenoilcisteína descarboxilase (CoaC) A 4'-fosfopanteteína é adenilada para formar desfosfo-CoA en reacción catalizada polo encima fosfopanteteína adenilil transferase (CoaD) Finalmente, a desfosfo-CoA é fosforilada usando ATP para formar o coencima A polo encima desfosfocoencima A quinase (CoaE).
Función Como o coencima A é, quimicamente, un tiol, pode reaccionar con ácidos carboxílicos formando tioésteres, funcionando como un transportador de grupos acilo. O coencima A actúa na transferencia de ácidos graxos do citoplasma á mitocondria. Cando a molécula de coencima A transporta un grupo acetilo denomínase acetil-CoA ou, ás veces, pode escribirse acetil-S-CoA (indicando o S por onde se une ao acilo). Cando non está unida a un grupo acilo abréviase como CoA ou tamén como CoASH ou HSCoA ou CoA-SH, indicando o grupo -SH por onde se enlazaría ao acilo, que está libre.
O coencima A é tamén a fonte do grupo fosfopanteteína que se engade como grupo prostético a proteínas como as proteínas carrexadoras de acilos e a formiltetrahidrofolato deshidroxenase.
Lista de grupos acilo activados polo coencima A Acetil-CoA Propionil-CoA Acetoacetil-CoA Coumaroíl-CoA (usado na biosíntese de flavonoides e estilbenoides) Acil derivados de ácidos dicarboxílicos Malonil-CoA Succinil-CoA (usado na biosíntese de grupos hemo) 3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA (usado na biosíntese de isoprenoides) Pimelil-CoA (usado na biosíntese de biotina) acilo graxo-CoA (forma activada dos ácidos graxos; só os ésteres do CoA son substratos de reaccións tan importantes como as biosínteses de mono-, di-, e triacilglicéridos, as reaccións da carnitina palmitoíl transferase, ou a esterificación do colesterol) Benzoíl-CoA Butiril-CoA
Notas
Bibliografía Karl Miller (1998). Beta Oxidation of Fatty Acids. Consultado o 18 de maio de 2005. Charles Ophard (2003). Acetyl-CoA Crossroads. Consultado o 18 de maio de 2005. Lehninger: Principles of Biochemistry, 4th edition, David L. Nelson, Michael M. Cox http://www.elmhurst.edu/~chm/vchembook/621fattyacidrx.html
Categoría:Coencimas Categoría:Metabolismo