Luis Barrena Alonso de Ojeda, nado en Sigüenza (Guadalaxara) en 1895 e finado en Outes o 21 de agosto de 1936, foi un avogado e político español.

Traxectoria Avogado de profesión, adquiriu certa celebridade por asumir varios casos de considerable repercusión social nos anos vinte e trinta.

Membro de Unión Republicana, foi elixido deputado en febreiro de 1936 en representación do Fronte Popular por Melilla.

Nos momentos iniciais da Guerra Civil española acudiu a Muros, lugar co que tiña vínculos pola familia da súa muller Carmen Doval. Foi sacado da súa casa por un grupo de falanxistas na noite do 21 de agosto de 1936. A mañá seguinte atoparon o seu cadáver no Freixo de Sabardes (Outes) con dous tiros na cabeza. No lugar onde o atoparon puxeron un monólito na súa memoria.

Vida persoal Casou en 1922 con Carmen Doval del Campo, filla de Gerardo Doval RodríguezNoticia en ABC, e tivo seis fillos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galicia rinde homenaje al diputado republicano por Melilla Luis Barrena, El Heraldo de Melilla, 21 de xullo de 2009. La muerte a manos de los franquistas del diputado por Melilla y jurisconsulto Luis Barrena (infomelilla.com, 26 de marzo de 2007).

Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sigüenza Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1936