, co título de é unha personaxe do manga e anime Naruto.

O seu nome significa "Corda Anoada". É neta do Primeiro Hokage, e unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e formou parte do equipo de Jiraiya, Orochimaru e o seu líder e mestre o Terceiro Hokage. Despois da Terceira Gran Guerra Ninja, a ela xunto cos seus compañeiros de coñecéuselles co nome de Os tres lendarios Sannin. É a única dos tres sannin que ten habilidades como ninja médico.

Historia Primeira parte Tsunade ten 53 anos, pero emprega un Jutsu que lle permite ter a aparencia dunha muller de 20 anos. Ten grande afección polos xogos azar, pero nas apostas case sempre perde, polo que gañou o título da Lendaria perdedora (mesmo perde ante Naruto); e cando gaña, é un agoiro de que algo malo está a piques de ocorrer.

Pertence ós lendarios Sannin (sannin é unha forma de dicir 3 ou grupo de tres en xaponés) xunto a Jiraiya e Orochimaru. Os tres foron alumnos de Hiruzen, o Terceiro Hokage. A pesar de ser a neta do Primeiro Hokage, Tsunade tivo un pasado tráxico. O seu irmán máis novo Nawaki e o seu mozo Dan, morreron durante as guerras entre as aldeas. Debido a isto, Tsunade adestrouse como ninja médico pero finalmente decidiu deixar a aldea con Shizune, a sobriña de Dan, a quen acolleu como alumna. Debido á morte do Terceiro Hokage, Jiraiya e Naruto van na súa busca para solicitarlle que acepte o posto de Quinto Hokage. Aínda que nun principio négase, a pelexa contra Orochimaru e a valentía de Naruto, fíxolle ver que estaba nun erro e finalmente acepta o cargo. Xa en Konoha toma a Sakura Haruno como alumna.

Segunda parte En Shippuden tivo unha boa reacción ante a chamada de axuda da Area, e acertou ó enviar ó grupo de Gai como apoio. Outro acerto foi elixir a Yamato para substituír a Kakashi no equipo 7, xa que el é capaz de controlar ó Kyubi.

A Sanin apostou con Jiraiya a que el volvería a Konoha logo da súa misión na Aldea Oculta da Chuvia e Jiraiya aceptou gustoso, entón Tsunade decatouse de que Jiraiya xa non pensaba regresar. A pesar de que Shizune lle daba ánimos, ela presentía o que lle ocorrería ó seu compañeiro. Polo que ó parecer láiase de non ter ido con el.

Tsunade tivo bo ollo ó elixir ós equipos en busca de Itachi Uchiha pero a misión fallou debido á morte do membro de Akatsuki e a toma de Sasuke por parte de Tobi.

Trala morte de Jiraiya, e a recuperación de ninjas de Kumogakure e un dos corpos de Pain, Tsunade encoméndalle a autopsia e o interrogatorio a Shizune, Sakura e Ino mentres que Shikamaru, Kakashi e Naruto descifraban as pistas e o significado da mensaxe enviada por Jiraiya.

Pouco tempo despois, Pain xunto cos seus corpos e Konan comezan a invasión a Konoha. Mentres Shizune descobre que os metais que hai en tódolos corpos transfiren chakra, comeza a destrución de Konoha polo cal van a informarlle o máis rápido a Tsunade, a cal mira pola fiestra todo o fume e o lume que sae da aldea recordando así a profecía do Sanin e mandando a chamar a Naruto.

Misións Feitas Rango D: 40 Rango C: 236 Rango B: 467 Rango A: 418 Rango S: 95

Véxase tamén

Categoría:Naruto