Edwin Grant Conklin, nado o 24 de novembro de 1863 e finado o 20 de novembro de 1952, foi un biólogo norteamericano.

Traxectoria Dende 1908 ensinou en Princeton, escribiu Heredity and Environment (1915) e traballou no Laboratorio de Bioloxía Mariña de Woods Hole, Massachusetts, onde estudou o desenvolvemento embrionario dos ovos, e demostrou que un ovo, lonxe de ser unha masa homoxénea de protoplasma, posuía un grao de organización remarcable no seu citoplasma.

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Nados en Ohio