Afan Ferddig (que viviu probabelmente no século VII) foi un bardo galés. A palabra 'Berddig' significa "bardo pequeno" ou "bromista"; existe outra referencia a un bardo do século XI que se chamaba Berddig, bardo na corte de Gruffudd ap Llywelyn en Gwent.Geiriadur Prifysgol Cymru s.u. berddig..

Pouco se sabe del. Algúns autores cren que foi el o autor do poema 'Moliant Cadwallon'. Segundo unha das Tríades da Illa de Bretaña Afan tería cantado ao rei Cadwallon ap Cadfan de Gwynedd. Menciónase como un dos 'Tri bardd coch eu gwaywffyn Ynys Prydain':

Tri Gwaywrudd Beirdd Ynys Prydain: Tristfardd bardd Urien, A Dygynnelw bardd Owain ab Urien, Ac Afan Ferddig bardd Cadwallon mab Cadfan.Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydain (Caerdydd, 1978).

Os Gogynfeirdd admirárono como un gran bardo, por exemplo Cynddelw Brydydd Mawr dicía que era habitual nel cantar ao xeito de Afan Ferddig:

Gnawd canaf i foliant fal Afan Ferddig.Citado por Rachel Bromwich en Trioedd Ynys Prydain (Caerdydd, 1978). Ortografía modernizada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Y Cynfeirdd. Canu'r bwlch.

Categoría:Poetas galeses medievais