O ácido treonucleico ou ácido nucleico de treosa (ATN ou, en inglés, TNA) é un polímero similar ao ADN ou ARN pero con diferente composición do seu "esqueleto". O ATN non se atopa na natureza, senón que se sintetiza quimicamente .

O ADN e o ARN teñen un esqueleto formado polos azucres desoxirribosa e ribosa, respectivamente, enlazados con fosfatos, mentres que o esqueleto do ATN está composto por repetidas unidades de treosa unidas por enlace fosfodiéster . A este esqueleto están unidas as bases nitroxenadas tanto no ADN coma no ARN e ATN. A treosa é un monosacárido de catro carbonos máis fácil de ensamblar no polímero ca a ribosa .

No laboratorio conseguíronse crear cadeas híbridas ADN-ATN utilizando ADN polimerase.

O ATN pode hibridar tanto con ADN coma con ARN dun modo específico de secuencia; esta capacidade e a súa simplicidade química suxire que o ATN puido ser un hipotético precursor do ARN como material xenético na orixe da vida na Terra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Hipótese do mundo de ARN Ácido glicolnucleico Ácido peptonucleico Ácido nucleico pechado

Ligazóns externas "Was simple TNA the first nucleic acid on Earth to carry a genetic code?", New Scientist ORIGIN OF LIFE: A Simpler Nucleic Acid", Leslie Orgel

Categoría:Ácidos nucleicos