Phoebe Jane Elizabeth Tonkin, nada o 12 de xullo de 1989, é unha actriz e modelo australiana coñecida por interpretar a Cleo Sertori na serie xuvenil H2O: Just Add Water e por interpretar a Fi na película de acción Tomorrow, When the War Began.
Vida profesional Aos catro anos Phoebe practicou danza clásica, tap, hip hop e danza contemporánea. Estudou na escola para nenas Queenwood School en Balmoral. Cando tiña 12 anos asistiu a bastantes cursos para a mocidade no Aus-tralian Theatre. Participou en obras de teatro entre elas: Shakespeare, Antigone e Venetian Twins.
No 2006 uniuse á serie H2O: Just Add Water. No 2010 interpreta a Fiona Maxwell (Fi) na película Tomorrow, When the War Began. Neste mesmo ano aparece interpretando a Hadrian Hall en sete episodios da serie Home and Away. Outra das series nas que apareceu como invitada este ano foi en Packed to the Rafters en tres capítulos. No 2011 únese a serie "The Secret Circle" no papel de Faye. No 2012 volveu interpretar a Fiona Maxwell (Fi) na película Tomorrow, When the War Began 2.
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Actores de televisión de Australia Categoría:Actores infantís de Australia Categoría:Modelos femininas de Australia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Sidney