miniatura|220px|Kevin Spacey no 2009.

Kevin Spacey, nado o 26 de xullo de 1959 en South Orange, Nova Jersey, é un actor e director estadounidense, gañador de dous premios Óscar de Hollywood.

Traxectoria Kevin Spacey naceu en South Orange, no estado de Nova Jersey, co nome Kevin Spacey Fowler. É o irmán máis novo dos tres fillos dun matrimonio formado por un pai redactor técnico, e unha nai secretaria. O traballo do pai motivou que a familia se mudase en varias ocasións, vivindo en distintas localidades do país. Finalmente establecéronse en California, onde o pequeno Kevin puxo de manifesto o seu carácter falcatrueiro. Os seus pais enviárono a un internado dirixido por militares, do que foi expulsado ós poucos meses. Ingresou entón nun colexio do Val de San Fernando, preto dos Ánxeles. Alí Spacey encontrouse a gusto, e comezou a participar no teatro afeccionado da escola.

Finalizada a escola, e tras unha breve estancia nun colexio de actuación de Los Ángeles, Spacey marchou a Nova York e comezou a estudar interpretación no prestixioso Juilliard School. Dous anos despois era tan degoado por actuar, que abandonou o colexio antes de graduarse e se incorporou ó Festival de Shakespeare de Nova York.

En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando un mensaxeiro na obra de Shakesperare Henrique VI. O ano seguinte actuou nun drama de Ibsen en Broadway. Deuse de conta de que o seu camiño estaba no cine, pero aínda así, Spacey seguiu actuando regularmente no teatro e gañou en 1991 un premio Tony, o equivalente ós Óscar no teatro.

Introduciuse no cine a mediados da década de 1980, con papeis secundarios en películas de éxito como Heartburn (con Jack Nicholson e Meryl Streep) e Working Girl (con Harrison Ford, Sigourney Weaver e Melanie Griffith). En 1992 participou en Glengarry Glen Ross, cun elenco de ilustres actores, coma Al Pacino, Jack Lemmon ou Ed Harris. A súa consagración como estrela foi co thriller Se7en, xunto a Brad Pitt e Morgan Freeman.

Spacey gañou dous Óscar, un como mellor actor secundario e outro como mellor actor principal, este último por American Beauty en 1999. En 2003, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, un dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ó ano, e da que Spacey é actor, ademais de director. Entre outras obras, estreou en Londres Cloaca, da dramaturga Maria Goos.

Filmografía House of Cards (2013; serie de televisión) Envelope (2012) Inseparables (2011) Margin Call (2011) Como acabar co teu xefe (2010) Casino Jack (2010) Father of invention (2010) A rede social (2010; produtor) The Men Who Stare at Goats (2010) Shrink (2009) Moon (2009) 21 (2008) Recount (2008) Fred Claus (2007) Superman Returns (2006) The United States of Leland (2004) Beyond the Sea (2004) The Life of David Gale (2003) Austin Powers in Goldmember (2002; cameo) K-PAX (2001) The Shipping News (2001) Pay It Forward (2000) Ordinary Decent Criminal (2000) The Big Kahuna (2000) American Beauty (1999) The Negociator (1998) Hurlyburly (1998) Midnight in the Garden of Good and Evil (1997) L.A. Confidential (1997) Tempo de matar (1996) Looking for Richard (1996) The Usual Suspects (1995) Se7en (1995) Outbreak (1995) Doomsday Gun (1994) The Ref (1994) Iron Will (1994) Glengarry Glen Ross (1992) Consenting Adults (1992) A Show of Force (1990) Henry & June (1990) See No Evil, Hear No Evil (1989) Dad (1989) Rocket Gibraltar (1988) Working Girl (1988) Heartburn (1986)

Premios Premios Oscar Ano Categoría Película Resultado1999Mellor actorAmerican BeautyGañador1995Mellor actor secundarioThe Usual SuspectsGañador

Premios Globo de Ouro Ano Categoría Película Resultado2011Mellor actor - Comedia ou musicalCasino JackNomeado2004Mellor actor - Comedia ou musicalBeyond the SeaNomeado2003Mellor actor - DramaThe Life of David GaleNomeado1999Mellor actor - DramaAmerican BeautyNomeado1997Mellor actor - DramaL.A. ConfidentialNomeado1995Mellor actor secundarioThe Usual SuspectsNomeado

Premios BAFTA Ano Categoría Película Resultado1999Mellor actorAmerican BeautyGañador1997Mellor actorL.A. ConfidentialNomeado

Premios do Sindicato de Actores Ano Categoría Película Resultado1999Mellor actorAmerican BeautyGañador1997Mellor elenco de actoresL.A. ConfidentialNomeado

Véxase tamén

Ligazóns externas Kevin Spacey en Cinearchivo.com .

Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey Categoría:Óscar ó mellor actor