dereita|miniatura|Fernão de Magalhães, século XVI ou XVII (Mariner's Museum Collection, Newport News, VA). Fernão de Magalhães ou Fernando de Magalhães (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelán)O seu nome aparece en diferentes formas antes de que os cartógrafos o latinizasen en Magellanus, de aí Magalhães. nado a finais do século XV (1480?) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca, e finado na illa filipina de Mactan o 27 de abril de 1521, foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España e baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico, coñecido en aqueles tempos como mar do Sur.
No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.Peter van der Krogt, El mite de la terra plana; Edward H. Dahl i Jean-François Gauvin, El descobriment del món: Una història de globus terrestres i celestes, Privat, 2001.Randles William,De la Terra a la terra plana: Un ràpid canvi epistemològic, 1480-1520, Armand Colin, 1980. No século III a. C., Eratóstenes medira a circunferencia cunha notable exactitude. Aínda que os escritos dos gregos, especialmente de Aristóteles, perderon a súa influencia, esta idea estendeuse durante a Idade media. O Tratado da esfera de Joannes Sacrobosco, escrito en París en 1224, foi amplamente publicado en todos os círculos académicos, sen que a igrexa puxese inconvenientes. O primeiro globo terrestre coñecido, é dicir, o máis antigo que se conserva, fíxoo Martin Behaim en Nuremberg en 1492.
Naquela época, Europa desenvolvera un gusto polas especies exóticas que impulsou aínda máis os intereses dos xeógrafos, exploradores e comerciantes. «É difícil agora imaxinar a importancia económica das especies no principio dos tempos modernos. [...] Con todo, debemos dar ao luxo un papel preponderante na expansión occidental.» Stefan Zweig escribiu ao principio da súa biografía sobre Magalhães: «ao principio eran as especies. Desde o día en que os romanos durante as súas expedicións e as súas guerras probaron os ingredientes picantes ou os estupefaciente, picantes ou excitantes de Oriente, Occidente xa non quixo nin puido ignorar as "especias" ou os condimentos indios na cociña.» Magalhães estaba convencido de que as Molucas (illas das Especias) estaban na metade da Terra que correspondía á Coroa de Castela tras o Tratado de Tordesillas, tratado que dividía o mundo entre casteláns e portugueses desde 1494. Pensou que podería chegar polo oeste ás illas das Especias, que abordara durante a súa visita a Malacca, en 1511-1512. Mesmo antes de iniciar a súa viaxe ás Molucas, de onde era orixinario o cravo, Magalhães recibira cartas exclusivas dun dos seus amigos persoais, o portugués Francisco Serrão, que estivera alí en 1512. Sería este proxecto de chegar ás illas occidentais das especies, finalmente co apoio da Coroa de Castela, o que levou á súa frota a dar a volta ao mundo, aínda que non era este o proxecto orixinal. O evento tivo un impacto considerable en Europa. Tras pouco máis dun cuarto de século, levouse a cabo o proxecto orixinal de Colón e, como sinalou Pierre Chaunu, «o mundo nunca foi tan grande como despois da viaxe de Magalhães».Pierre Chaunu, Conquesta i explotació dels nous mons, PUF, Nouvelle Clio, 1969, p. 267
As aptitudes de navegación de Fernão de Magalhães foron recoñecidas no nomeamento de obxectos asociados á astronomía, incluíndo un par de galaxias ananas descritas polo erudito veneciano Antonio Pigafetta, quen acompañaba a Magalhães na circunnavegación da Terra, e que foron nomeadas séculos despois na súa honra, como nebulosas de Magalhães; dous cráteres lunares situados no bordo SO do Mare Fecunditatis; ou a sonda espacial Magalhães, lanzada pola NASA o 4 de maio de 1989 para explorar a superficie de Venus. En bioloxía, o pingüín de Magalhães leva o seu nome por seren os compoñentes da súa expedición os primeiros europeos en teren visto un. A súa vida e a viaxe de circunnavegación é descrita ao pormenor no romance biográfico "Fernão de Magalhães e a Ave-do-Paraíso" do escritor portugués João Morgado.
Lugar de nacemento: estado da cuestión
alt=|esquerda|miniatura|Casa de Sabrosa, que ostenta o escudo dos Magalhães. Varias localidades portuguesas, como Sabrosa, Ponte da Barca, Vila Nova de Gaia ou Porto, afirman ser berce de nacemento de Magalhães«Fernand de Magellan (1480 env.-1521)», artigo da l'Encyclopædia Universalis.. Aínda hai un quinto posíbel lugar de nacemento, Figueiró dos Vinhos, unha tese que nunca coñeceu grande fortuna, revitalizada coa descuberta dun documento que parece confirmar que o pai do navegante chegou mesmo a desempeñar funcións na casa de João Rodrigues de Vasconcelos, señor de Figueiró. O achado non demostra, de modo ningún, que Fernão de Magalhães nacese naquela vila do distrito de Leiria, mais suxire que a súa familia tivo ligazóns coa rexión.
A vila de Sabrosa outrora reclamou ser o berce do navegante e así consta en moitas obras. No entanto, hoxe sábese, máis alá de calquera dúbida razoábel, que esa presunción se baseou en documentación falsificada por António Luís Alvares Pereira, señor da Casa da Pereira, en Sabrosa, residente en Madrid e casado cunha sobriña do poderoso político español Manuel Godoy, primeiro ministro de Carlos IV. En 1795 decidiu que valía a pena mover algunhas influencias e presentarse como descendente de Magalhães. O móbil da fraude era máis obvio: apropiarse da fortuna á que o navegante tería dereito, na base do contrato celebrado co emperador Carlos V, se non morrese antes de poder recibilaAlexandre Parafita escribiu que "desde tempos imemoriais, a naturalidade de Magalhães foi dada, como inequívoca, na vila de Sabrosa. Contribuiu para isso a existência de dois testamentos, um de 1504 (quando o navegador partiu para os oceanos) e outro de 1580 (dum seu sobrinho-neto exilado no Brasil), reforçados por um auto oficial de 1798 em que seis escrivães e quatro testemunhas confirmavam a genealogia do navegador ligada a esta vila. Nestes documentos são identificados bens efectivamente localizados em Sabrosa, tais como uma casa (a Casa da Pereira), a quinta da Souta (ainda hoje existente em frente ao Vale da Porca) e o legado de missas anuais no altar do Senhor Jesus da Igreja de São Salvador do qual ainda existem vestígios na actual Igreja Matriz da vila. A existência, na referida casa, do brasão da família Magalhães com as armas picadas e arrasadas, traduzindo um castigo que, no tempo de D. Manuel I, era corrente aplicar sobre quem praticasse actos considerados de traição à Pátria, assim tendo sido entendida a missão de Magalhães ao serviço da coroa de Espanha, corroboravam a mesma tese. Entretanto, há muitas décadas atrás, a veracidade destes documentos começou a ser posta em causa. Desde logo por o primeiro testamento referir a expressão “sua majestade” em relação a D. Manuel I, quando se sabe que, ao tempo, não havia esse tratamento, mas sim “sua alteza”. Ainda que no documento notarial de 1798 esteja dito que foi “fielmente copiado menos algumas palavras que por estarem mal escritas em letra gótica e o papel carcomido do tempo não foi possível poder ler”, não tem faltado quem procure todos os pretextos para desvalorizar o teor dos testamentos, como não falta também quem tal tenha rebatido, a exemplo do Abade de Baçal, que o fez minuciosamente. Estas dúvidas permitiram que outras hipóteses de naturalidade fossem sendo entretanto equacionadas. Por exemplo, do Porto se diz existir uma declaração que alude à expressão “Vecino de la cidade del puerto” e que isso indicaria ser dali natural. Contudo, sabe-se também que, num testamento feito mais tarde em Espanha, se declara do mesmo jeito: “vesino q soy desta muy noble e muy leal çibdad de Sevylha”. O que vale então esta palavra “vecino” em tais documentos? Nada de mais relevante. Apenas que Magalhães pode ter vivido nessas cidades. (…). Importa ter presente que as questões divergentes da naturalidade de Magalhães foram sendo geradas muito depois da sua morte, quando se percebeu que haveria uma notável fortuna a reivindicar da coroa de Espanha, por ser devida ao Navegador uma parte dos territórios descobertos mundo além. Foi então que vários supostos parentes foram surgindo em diversas localidades do País (incluindo Ponte da Barca), uns e outros logo impugnados e desacreditados nas suas pretensões pelo poder castelhano, que dessa forma assegurava a intocabilidade do seu património. (…) (Alexandre Parafita - “Fernão de Magalhães: símbolo inequívoco da tradição de Sabrosa”, en Jornal de Notícias, Suplemento "Terra de Fernão Magalhães", 5 de setembro de 2009).
A idea de que Magalhães puido nacer no Porto parte dun documento xenuíno: o contrato asinado entre o rei de Castela e o navegante en marzo de 1518, onde este último se intitula "vizinho do Porto". Ademais, no seu verdadeiro testamento, o que redactou en 1519 en Sevilla, antes de iniciar a viaxe que lle custaría a vida, Magalhães fai unha doazón ao mosteiro de S. Domingos do Porto, ou parece que a fai. O historiador Amândio Barros acha que a pasaxe foi mal interpretada. O mosteiro de "santo domyngo de las dueñas de la ciudad del puerto", que o texto refire, é, afirma, o de S. Domingo das Donas do Porto, ou sexa, o convento do século XIV que hoxe se chama do Corpus Christi e que fica, non no Porto, mais en Vila Nova de Gaia. O feito de se saber que dúas parentes do navegante vivían entón no convento de Gaia, como freiras, xa abondaba en favor desta identificación. A descuberta no acervo do mosteiro dun documento de 1513 no que se refire un "caminho que vai ter ao lugar de Rui de Magalhães", parece confirmar a presenza da familia nas inmediacións do Porto. Sería nesta cidade, onde varios parentes seus representaban ao rei en cargos importantes, onde Magalhães foi desenvolvendo o seu proxecto, mobilizando ao cartógrafo Rui Faleiro e ao piloto Estêvão Gomes, e negociando con intermediarios casteláns o futuro contrato con Carlos V. Mais o estatuto de "vizinho" non presupón naturalidade, e incluso é dubidoso que fose "vizinho" no sentido legal do termo, pois para selo, tería que requirir oficialmente esa condición, moi ambicionada mais difícil de alcanzar, e non hai documentación que demostre que algunha vez a solicitou. Aínda máis improbábel é que o navegante teña nacido no Porto arredor de 1480, cando a cidade loitaba ferozmente para conservar o seu privilexio de non permitir a permanencia dos nobres dentro dos seus muros. miniatura|200px|Estatua Fernão de Magalhães en Ponte da Barca.