é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. Amigo inseparable de Yamcha, nun principio era un inimigo pero pasa a formar parte do grupo que acompaña a Son Goku e a Bulma na primeira busca das Bólas do Dragón. O seu nome provén dun tipo de té, . É un ser similar a un gato azul, ten a capacidade de voar e de se converter en calquera cousa. A diferenza de Oolong, el si pode manter a forma indefinidamente.

Naceu no ano 743 da Cronoloxía de Dragon Ball. De pequeno estudou, xunto con Oolong no onde aprendeu as súas habilidades. Despois de rematar o curso acabou como compañeiro de Yamcha cando este se adicaba a asaltar ós viaxeiros no deserto. Nun dos seus numerosos atracos, Puar volveu atoparse con Oolong e cos compañeiros deste; Son Goku e Bulma. Despois de moitos intentos de roubarlles as Bólas Máxicas, Puar uniuse, xunto con Yamcha, ó grupo de Goku e os demais. Ó longo da serie axudou moito ós seus compañeiros como cando se transformou en tesoiras e lle cortou o rabo a Goku cando este converteu en Ōzaru. Tamén demostrou a súa valía cando derrotou, xunto a Upa, a Dracula Man, un guerreiro de Uranai Baba. Ó final decidiu ir xunto con Bulma e Yamcha á cidade.

Logo na historia Puar aparece como personaxe secundario e só aparece en moi poucas ocasións (na casa do Mestre Mutenroi) ou xunto a Yamcha.

Véxase tamén Outros artigos Lista de personaxes de Dragon Ball

Categoría:Personaxes de Dragon Ball