Daegu (en coreano: 대구; 大邱) ou Taegu é unha cidade de Corea do Sur situada no sueste do país. Constitúe unha cidade metropolitana, polo que o seu nome completo é Cidade Metropolitana de Daegu (대구광역시; 大邱廣域市; Daegu Gwangyeoksi). O nome de Taegu vén da anterior forma de transliteración (sistema de McCune-Reischauer): Taegu Kwangyŏksi.
A cidade é a capital da provincia de Gyeongsang Norte (경상북도; 慶尙北道; Gyeongsangbuk-do), a pesar de non formar parte da provincia. Daegu ten cerca de 2,5 millóns de habitantes e unha área de 885,62 km², sendo a cuarta maior cidade da Corea do Sur. É un centro industrial, producindo maquinaria e téxtiles. Durante o dominio xaponés, entre 1905 e 1945, era coñecida como Taiku.
Ten dúas liñas de metro, sendo no 2011 sede do campionato mundial de atletismo.
Véxase tamén Outros artigos Subdivisións de Corea do Sur
Ligazóns externas Páxina Oficial de Daegu
Categoría:Cidades de Corea do Sur