A Fundación Caixa Galicia foi unha fundación galega creada para promover a cultura.

Historia A Fundación Caixa Galicia naceu en 1989 como unha fundación vinculada á entidade financeira Caixa Galicia co fin de promover a cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións, para iso, establecéronse como propósitos fundamentais da Fundación, entroutros, o fomento da innovación, o desenvolvemento da creatividade, o crecemento do capital humano e a promoción da identidade cultural. Dende o 2006 xestiona o emblemático Teatro Colón da Coruña. Coa fusión das caixas galegas Caixa Galicia e Caixanova pasou a denominarse Fundación Novacaixagalicia. Posteriormente, cando Banesco compra Novagalicia Banco, pasará a denominarse AfundaciónAbanca tendrá el 32,1% en el patronato de la fundación.

Obxectivos A Fundación Caixa Galicia dedica o seu esforzo a ofrecer unha ampla variedade de propostas culturais e a manter unha presenza constante en toda a comunidade galega, así como noutros lugares de España e do estranxeiro buscando a implicación nas demandas culturais da sociedade para a cal traballa.

Sedes miniatura|Sede de AFundación na Coruña, obra do arquitecto Nicholas Grimshaw. Sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol Seda da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago Centro Sociocultural Caixa Galicia en Lugo Centro Sociocultural Caixa Galicia en Ourense Centro Sociocultural Caixa Galicia en Vigo

Outras sedes e entidades xestionadas pola Fundación Cine Fraga Teatro Colón Notas

Véxase tamén Outros artigos Caixa Galicia Novacaixagalicia

Ligazóns externas Sitio web da Afundación

Caixa Galicia Categoría:Afundación