O dólar bahamés é a moeda oficial das Bahamas. Normalmente abréviase como $ ou B$ para diferencialo doutros tipos de dólar. O seu código ISO é BSD e divídese en 100 céntimos (cents). É emitido polo Central Bank of The Bahamas (en galego Banco Central das Bahamas).
Historia O dólar bahamés foi introducido en 1966 para substituír a libra das Bahamas a razón dun dólar por cada sete xilins. Este tipo de troco permitía a paridade co dólar estadounidense, xa que daquela a taxa de troco entre a libra esterlina e o dólar estadounidense estaba fixada en 1 £ = 2,80 $.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do Banco Central das Bahamas
Bahamas Categoría:Moedas de América Central Categoría:Bahamas Categoría:ISO 4217