Os orangutáns (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas de Malaisia e de Indonesia. O nome orangután vén do malaio orang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xénero Pongo e subfamilia Ponginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extinto Gigantopithecus e xénero Sivapithecus.

Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nas árbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas de Borneo e Sumatra. Estas dúas pequenas e illadas poboacións clasificáronse como subespecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Desde 1996 clasificábanse en dúas especies: o orangután de Borneo P. pygmaeus, con tres subespecies, e o orangután de Sumatra P. abelii. En 2017 distinguiuse unha terceira especie, P. tapanuliensis, que vive nunha zona de Sumatra. As tres subespecies do orangután de Borneo son: P. p. pygmaeus no noroeste, P. p. morio no leste , e P. p. wurmbii no suroeste.

Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido á destrución do seu hábitat.

Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas acotío; publicáronse probas no xornal Science.

Só son feros cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.

Entre os principais centros de conservación, destacan os de Borneo de Semenggok en Sarawak, e Sepilok preto de Sandakan en Sabah.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grandes simios

Ligazóns externas Orangutan Foundation International AZA's Orangutan Conservation Education Center Orangutan Language Project The Orangutan Foundation Orangutan Land Trust

Categoría:Primates