O McLean Park é un estadio da cidade de Napier (Nova Zelandia), inaugurado en 1911 e que ten unha capacidade para acoller a uns 22.000 seareiros.

O recinto emprégase principalmente para a práctica do rugby da man do Hawke's Bay, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do crícket por parte dos Central Stags. Os Hurricanes do torneo Super Rugby tamén teñen xogado algún encontro como locais neste estadio. Tamén é unha das ses habituais da Selección de crícket de Nova Zelandia.

Copa do Mundo de Rugby 1987

Na Copa do Mundo de Rugby 1987 que se disputou en Nova Zelandia e Australia, o McLean Park acolleu un encontro da primeira fase no que se enfrontaron Canadá e Tonga: 24 de maio de 1987 Canadá37 - 420px TongaMcLean ParkÁrbitro: Clive Norling (GLS)

Copa do Mundo de Rugby 2011

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputen nel 3 dos encontros do Grupo1 na primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011: 18 de setembro de 201120:3020px Francia46-1920px CanadáMcLean ParkÁrbitro: Craig Joubert (RSA) 27 de setembro de 201117:0020px Canadá23-2320px XapónMcLean ParkÁrbitro: Jonathan Kaplan (RSA)

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby 1987 Copa do Mundo de Rugby 2011 Hawke's Bay Rugby Union Ligazóns externas McLean Park en www.worldstadiums.com

Categoría:Estadios de rugby de Nova Zelandia