Sir John Rigby Hale, nado o 17 de setembro de 1923 e finado o 12 de agosto de 1999, foi un historiador británico do Renacemento, tradutor, editor, e profesor universitario.
Traxectoria John Rigby Hale naceu en Ashford, Kent, no Reino Unido. Educouse no Jesus College, de Oxford. Foi profesor asociado nas universidades Johns Hopkins e Harvard (1948-49). E foi tamén asociado da Academia Británica e profesor emérito de Historia de Italia no University College de Londres, onde dirixiu o departamento de italiano desde 1970 até a súa xubilación en 1988. Foi nomeado Knight BachelorO Knight Bachelor forma parte do sistema de honores británico, do que é o nivel más baixo. Aínda que o rei nomee a un home (ou a unha muller) como K.B. este (ou esta) non é membro de ningunha das Ordes de Cabalería. Os Knights Bachelor son os máis antigos cabaleiros británicos, xa que existen desde o reinado de Henrique III (1216-1272). o 20 de agosto de 1984.London Gazette. Consultada o 4 de setembro de 2011.
En 1992 sufriu un golpe que lle causou afasia. Despois da súa morte, a súa esposa, a xornalista Sheila Hale, escribiu un libro sobre os seus derradeiros días, The Man Who Lost His Language.
Obras Como autor Napoleon: the Story of his Life, Londres, Faber and Faber, 1954. England and the Italian Renaissance: the Growth of Interest in its History and Art, Londres, Faber and Faber, 1954. 4th edition, new introduction and bibliographical update by Edward Chaney, Oxford, Blackwell, 2005. Machiavelli and Renaissance Italy, Londres, English Universities Press, 1961. The Art of War and Renaissance England, Washington, Folger Shakespeare Library, 1961. Renaissance exploration, Nova York, W. W. Norton, 1968. Italian Renaissance Painting from Masaccio to Titian, Nova York: Dutton, 1977. Florence and the Medici: the Pattern of Control, Londres, Thames and Hudson, 1977. Renaissance Fortification: Art or Engineering?, Londres, Thames and Hudson, 1977. Renaissance War Studies, Londres, Hambledon Press, 1983. Artists and warfare in the Renaissance, Yale University Press, 1990. The Civilization of Europe in the Renaissance, 1993.
Como tradutor Mandragola: a comedy, by Niccolò Machiavelli, Fantasy Press, 1957. Literary Works: Mandragola, Clizia, A dialogue on language, and Belfagor: with selections from the private correspondence, por Niccolò Machiavelli. Editado e traducido por J. R. Hale, Londres, Nova York, Oxford University Press, 1961. The Travel Journal of Antonio de Beatis: Germany, Switzerland, the Low Countries, France and Italy, 1517-1518, traducido do italiano por J. R. Hale e J. M. A. Lindon. Editado po J. R. Hale. Londres, Hakluyt Society, c1979.
Como editor "The Italian Journal of Samuel Rogers". Editado por J. R. Hale, cunha relación da vida e viaxes de Rogers en Italia en 1814-1821. Faber and Faber 1956. History of Italy and History of Florence. Tranducido por Cecil Grayson. Editado e cunha introdución por John Rigby Hale. Nova York, Washington Square Press, 1964. Certain Discourses Military, Ithaca, N.Y., Publicado pola Folger Shakespeare Library da Cornell University Press, 1964. Europe in the Late Middle Ages. Editado po John Rigby Hale, J. R. L. Highfield e B. Smalley. Northwestern University Press, 1965. The Evolution of British Historiography: from Bacon to Namier. Londres, Melbourne, Macmillan, 1967. A Concise Encyclopaedia of the Italian Renaissance, Nova York, Oxford University Press, 1981. 'The Thames and Hudson Encyclopedia of the Italian Renaissance, New York, Thames and Hudson, 1981.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "John Rigby Hale" en Proceedings of the British Academy, volume 111, 2002, ISBN 0197262597 páxs. 531-552.
Categoría:Historiadores Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Membros da Academia Británica