miniatura|A β-D-Frutofuranosa é un exemplo de cetosa ciclada con enlace hemicetálico intramolecular.
Unha cetosa é un monosacárido cun grupo cetona por molécula, xeralmente no carbono 2.
A cetona máis simple é a triosa dihidroxiacetona, que é a única que non ten actividade óptica, xa que a molécula non contén ningún carbono asimétrico. As cetosas denomínanse cetotriosas, cetotetrosas, cetopentosas, cetohexosas, cetoheptosas etc. segundo teñan respectivamente 3 átomos de carbono, 4, 5, 6 ou 7.
En disolución as cetosas de 5 ou máis átomos de carbono cíclanse, xa que o grupo carbonilo (C=O) que forma o grupo cetona pode reaccionar cun OH doutro carbono, orixinando un enlace intramolecular denominado hemicetal,Lehninger A. principios de Bioquímica. Omega (1988). Páxina 283. ISBN 84-282-0738-0 no cal os dous carbonos implicados quedan unidos por un osíxeno.
As cetosas poden isomerizar a aldosas por medio da transformación de Lobry de Bruyn-van Ekenstein.
Para saber se un composto é unha cetosa ou unha aldosa realízase o test de Seliwanoff. Trátase dunha cetosa cando o test dá positivo.
Lista de cetosas Triosas: dihidroxiacetona. Tetrosas: eritrulosa. Pentosas: ribulosa, xilulosa. Hexosas: frutosa, psicosa, sorbosa, tagatosa. Heptosas: sedoheptulosa. miniatura|250px|Isómeros D e L da frutosa, un exemplo de cetosa. Leva un grupo cetona no carbono 2.|centro Notas
Véxase tamén Aldosa Monosacárido
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos