Chachoengsao (en ) é unha poboación (thesaban mueang) da zona central de Tailandia, capital da Provincia Chachoengsao, a uns 50 km ao leste de Bangkok. Áchase na ribeira do río Bang Pakong. Ocupa os tambon de Na Mueang e parte de Ban Mai, Bang Tin Pet, Wang Takhian e Sothon, do distrito de Chachoengsao. No 2006 tiña unha poboación de 60.893.

A poboación estableceuse no ano 1549 durante o reinado do rei Maha Chakkrapat de Ayutthaya e orixinalmente serviu centro de recrutamento do exército. Durante o reinado do rei Maha Thammaracha, o reino chegou a un nivel de declive que permitiu a súa conquista polos birmanos. Phraya Lawaek, o rei khmer recrutou tailandeses de varias cidades, incluíndo Chachoengsao, para traballar nas súas terras.

Categoría:Cidades de Tailandia