miniatura|200px| Khlong na provincia de Ratchaburi, con tendas flotantes. Un khlong (en tailandés: คลอง) é a denominación que reciben as canles fluviais, naturais e artificiais, que percorren a chaira central da Tailandia, formados principalmente polos ríos Chao Phraya, Ta Chin e Mae Klong. A palabra tamén se aplica a moitos ríos pequenos, denominados coa palabra khlong seguido do seu nome propio.
A capital, Bangkok, está atravesada por multitude de khlongs, denominándose por isto "A Venecia do Leste". Os khlongs empréganse para o transporte, para a instalación de tendas e comercios flotantes, como tamén como lugares onde se depositan as augas residuais e outros refugallos. Convertéronse, co paso do tempo, en rúas, se ben na zona de Thonburi, en Bangkok, consérvanse algúns dos máis grandes. Na zona central da capital atópase o Khlong Saen Saeb, que serve como rota fluvial de grande importancia no transporte público de Tailandia. Os tradicionais establecementos flotantes existen agora só para a atracción turística, sendo os máis coñecidos os do amphoe de Damnoen Saduak, na provincia Ratchaburi.
Categoría:Xeografía de Tailandia Categoría:Accidentes xeográficos