José Julio Rodríguez Fernández, nado en Ourense o 8 de xuño de 1948, é un militar e político galego, ex XEMAD de España.
Traxectoria Ingresou nas Forzas Armadas de España en 1969 e ascendeu ata chegar ao posto de xeneral do aire.
O 18 de xullo de 2008 foi nomeado Xefe do Estado Maior da Defensa de España,Real Decreto 1249/2008, de 18 de xullo, polo que se nomea Xefe do Estado Maior da Defensa, BOE . o posto militar español de maior capacidade executiva por debaixo do Rei. Antes de que pasaran catro meses, o 9 de novembro dese mesmo ano, desprazouse, xunto coa Ministra de Defensa a Afganistán, a xunta dos militares españois que se atopaban alí de misión, moitos deles galegos (procedentes da base do Exército de Terra español en Pontevedra) a recoller os restos de dous falecidos nun atentado.
Logo da vitoria electoral do Partido Popular en 2011, foi destituído o 30 de decembro dese ano. En 2015 presentouse ás eleccións xerais na candidatura de Podemos pola circunscrición de Zaragoza.
Obras Mi patria es la gente (2018). Península.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do Ministerio de Defensa . Perfil na páxina da OTAN (en inglés e francés).
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1948 Categoría:Políticos de Podemos