O pazo do Espiño é unha edificación localizada en Santiago de Compostela de arquitectura modernista erixida entre 1910 e 1915 por Jesús López de Rego, por encargo de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga.
Características miniatura|dereita|200px|Detalle do campanario da capela. miniatura|dereita|200px|Detalle dunha gárgola.
Consta de dous andares e unha capela anexa na parte posterior. Trátase dun pazo residencial, e destacan as súas ameas na liña de cornixa, así como tamén polo tratamento de imitación de pedra dado aos seus muros de formigón, e mais polos detalles vexetais e figurativos (gárgolas) da súa decoración exterior, moldeados en cemento da época.Ficha en TurGalicia
Está rodeado por abundante vexetación, entre a que sobresae unha carballeira que limita co pazo presidencial de Monte Pío, e a un quilómetro escaso da praza do Obradoiro.
En 2011 atopábase en estado ruinoso, malia que no inicio dun proceso de restauración.
Polémica Xa no século XX presentouse un proxecto para rehabilitar o espazo como parque público e para a construción dunha residencia da terceira idade. Durante o mandato de Conde Roa liberouse o solo coa intención de edificar 120 vivendas de luxo. O seu sucesor na alcaldía Ángel Currás, sinalou, pola contra, que a súa prioridade era o acondicionamento do espazo público: parque e rehabilitación do palacete modernista. Non obstante, colectivos de activistas denunciaron en 2012 a política de liberalización do solo do PP, como unha "privatización dos espazos e dereitos públicos".Ocupan a Finca do Espiño para reinvindicala como espazo público, información en Praza Pública o 12 de outubro de 2012. Finalmente foi expropiada a parte correspondente o parque e o pazo que foi habilitada e aberta ao público en agosto de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Galería fotográfica en Flickr.
Espino Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Categoría:Arquitectura modernista en Galicia