Ignacio Gutiérrez Müller, nado en Rosario (Arxentina) o 19 de xullo de 1986, é un xogador de rugby, máis coñecido como Nacho Müller. Xoga nas posicións de apertura, centro ou zagueiro, e é internacional coa Selección de rugby de España dende o 3 de febreiro de 2007Six Nations B - Lisbon, 3 February 2007 , tamén ten defendido as cores da Selección de rugby de Galicia cando xogaba no Vigo Rugby Club.

Traxectoria Na súa idade infantil xogou no Sporting de Mar del Plata, na Arxentina. Con 15 anos chegou a Galicia co seu irmán Alejandro (tamén xogador, un ano e medio máis novo) e uníronse ó Vigo Rugby Club. Xa no seu primeiro ano no equipo vigués gañaron a liga xuvenil.Entrevista a Ignacio e Alejandro Gutiérrez Müller Nos seguintes anos Nacho Müller pasou por tódalas categorías inferiores da selección española, dende sub-17 a sub-20.

No ano 2007 asinou un contrato co Club de Rugby El Salvador para xogar por vez primeira na División de Honra, debutando fronte o FC Barcelona. Co equipo chamizo acadou o campionato de liga na tempada 2007-08 e o subcampionato na tempada 2008-09, así como o subcampionato na Copa do Rei en 2008. Ademais das competicións nacionais, co CR El Salvador Nacho Müller competiu na European Challenge Cup (2ª competición continental de clubs) xogando 10 encontros, 6 deles na tempada 2007-08 (4 como titular) e outros 4 encontros na tempada 2008-09 (os 4 como titular).Ficha do xogador na web da ERC

En 2009 os dous irmáns Gutiérrez Müller mudáronse ó outro equipo de Valladolid, o Valladolid RAC, equipo no que xogan actualmente. Con este equipo Nacho Müller gañou a Copa do Rei en 2010, e foi finalista en 2011. Ó mesmo tempo, en 2009 foi chamado para disputar a European Challenge Cup defendendo nun só encontro (como suplente) as cores do Olympus XV, equipo creado pola FER para competir nese torneo.Nacho Gutiérrez Müller y Gugernazde reforzarán al Olympus XV en Madrid

No verán de 2011, despois do ascenso a División de Honra do Vigo Rugby Club por primeira vez na súa historia, falouse da volta de Nacho Gutiérrez Müller ó seu antigo equipo, pero finalmente non foi tal, xa que o xogador renovou o seu contrato co conxunto quesero.FICHAJES Y RENOVACIONES EN LA VILA, EL SALVADOR, SANTBOIANA Y VRAC

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador na páxina do VRAC

Categoría:Nados en Rosario Categoría:Xogadores de rugby de Galicia Categoría:Xogadores da selección de rugby de España Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores da selección de rugby de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xogadores do Vigo Rugby Club