O guxarati ou gujarati é un idioma propio do estado de Gujarāt, no oeste da India. É unha lingua indoeuropea, da familia indoaria, falada por uns 46 millóns de persoas en todo o mundo, sendo así a vixésima terceira lingua máis falada do mundo. De todos eles, aproximadamente 45,5 millóns residen na India, 250.000 en Tanzania, 150.000 en Uganda, 100.000 en Paquistán e 50.000 en Kenya.
Escríbese gujarati (pronunciado guyarati) en inglés.
É a lingua principal do estado de Gujarāt, así como dos territorios adxacentes de Damán e Diu e Dadra e Nagar Haveli. Hai unha gran cantidade de poboación gujarati diseminada polo mundo, desde África, Oriente Próximo, até o Reino Unido e os Estados Unidos. En Inglaterra, dúas áreas populares con poboación gujarati son Leicester (Terras Medias) e Wembley (norte de Londres). E nos Estados Unidos, atópanse especialmente en estados como Nova Jersey, Nova York, California e Texas.
É unha das 14 linguas oficiais que hai na India. Era a lingua materna de Mahatma Gandhi, «pai da India», e de Muhammad Ali Jinnah, «pai do Paquistán».
Alfabeto Consoantes કખગઘઙka /kə/kha /kʰə/ga /gə/gha /gʱə/ṅa /ŋə/ચછજઝઞca /ʧə/cha /ʧʰə/ja /ʤə/jha /ʤʱə/ña /ɲə/ટઠડઢણṭa /ʈə/ṭha /ʈʰə/ḍa /ɖə/ḍha /ɖʱə/ṇa /ɳə/તથદધનta /tə/tha /tʰə/da /də/dha /dʱə/na /nə/પફબભમpa /pə/pha /pʰə/ba /bə/bha /bʱə/ma /mə/યરલવળya /jə/ra /rə/la /lə/va /ʋə/ḷa /ɭə/શષસહśa /ʃə/ṣa /ʃə/sa /sə/ha /ɦə/
Vogais
્sen vocalક્kઅa /ə/કkaઆā /ɑ̈/કાkāઍâ /æ/કૅkâઇi /i/કિkiઈī /i/કીkīઉu /u/કુkuઊū /u/કૂkūઋṛ /ɾu/કૃkṛએe /ɛ/કેkeઐai /aj/કૈkaiઓo /o/કોkoઑô /ɔ/કૉkôઔau /əw/કૌkau
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en gujarati Ligazóns externas
Lingua e literatura gujarati
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Kenya Categoría:Linguas de Paquistán