O topónimo Balteiro indica posuidor, e procede do nome de antropónimo xermánico Baltarius.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 287. Ed. Xerais, Vigo 1992. Pode referirse a:

En Galiza Balteiro, lugar da parroquia de Cures, no concello de Boiro; Balteiro, lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira; Balteiro, lugar da parroquia do Pao, no concello de Gomesende; Balteiro, lugar da parroquia de Santa Comba do Trevoedo, no concello de Maside; Balteiro, lugar da parroquia de Petelos, no concello de Mos; Balteiro, lugar da parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira; Balteiro, lugar da parroquia de Figueirido, no concello de Vilaboa.

Notas