Helmut Haller, nado en Augsburgo o 21 de xullo de 1939 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 2012, foi un futbolista alemán.

Traxectoria Haller foi un dianteiro que fixo o seu debut internacional aos dezanove anos en 1958. Xogou en Chile, en Inglaterra e mais en México. Gañou 33 copas en total, marcando 13 goles.

Alemaña Occidental chegou á final da competición de 1966 e Haller marcou o primeiro gol do partido, pero os contrincantes Inglaterra gañaron 4-2. Á parte da súa medalla de prata, Haller tamén gardou a pelota do encontro, aínda que por máis de 30 anos despois el volvese a Inglaterra e lla regalase a Geoff Hurst, quen conseguira un hat-trick no encontro e, por ende, considerado o lexítimo propietario segundo a tradición.

Na historia do seu club, Haller xogou no Augsburg, logo mudou a Italia no Bologna e logo na Juventus. En 1973 regresou ó club da súa vila natal e retirouse en 1979.

Categoría:Futbolistas de Alemaña Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Bologna FC 1909 Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do FC Augsburg Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Augsburgo Categoría:Finados por párkinson Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970