O dólar xamaicano (abreviado JMD) é a moeda de Xamaica desde 1969. A súa abreviatura é o signo do dólar $, ou, J$, JA$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é JMD. A unidade divídese en 100 cents.

O 30 de xaneiro de 1968, a Cámara de Representantes de Xamaica votou a favor da introdución do dólar, que substituiría á libra xamaicana. O novo dólar non foi usado só por Xamaica, senón tamén por Illas Caimán, antiga dependencia xamaicana, até maio de 1972. Nesa data, o territorio británico deixou de utilizar o dólar xamaicano e comezou a utilizar a súa propia moeda, o dólar das Illas Caimán.

Circulan moedas de 1, 10 e 25 céntimos e de 1, 5, 10 e 20 dólares, e billetes de 50, 100, 500 e 1.000 dólares, emitidos polo Banco de Xamaica (Bank of Jamaica).

Moedas

Denominación Circuladesde Metal Forma Diámetro Peso Canto Anverso Reverso Anel Centro 1 Cent Anos 70 Aluminio Dodecagonal 21 mm 1,2 g Liso Escudo nacional e ano de emisión Valor facial e froito vexetal 10 Cents 1995 Cobre Circular 17 mm 2,4 g Liso Paul Bogle Escudo nacional e valor facial 25 Cents 1995 Cobre Circular 20 mm 3,6 g Liso Marcus Garvey Escudo nacional e valor facial 1 Dólar 1995 Aceiro Heptagonal 18,5 mm 2,9 g Liso Sir Alexander Bustamante Escudo nacional e valor facial 5 Dólares 1995 Aceiro Circular 21,5 mm 4,3 g Liso Norman Manley Escudo nacional e valor facial 10 Dólares 1999 Aceiro Lobulada 24,5 mm 6 g Liso George William Gordon Escudo nacional e valor facial 20 Dólares 1999 Latón Níquel Circular 23 mm 7,5 g Estriado disc. Marcus Garvey Escudo nacional e valor facial

Billetes Denominación Anverso Reverso50 dólares100 dólares500 dólares1000 dólares5000 dólares

Xamaica Xamaica Categoría:Xamaica Categoría:ISO 4217