Luís Modesto García Soto, nado na Coruña o 13 de febreiro de 1956, é un filósofo e escritor galego.

Traxectoria É licenciado en Dereito (1978) e en Filosofía (1979) pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 (coa tese Unha lectura de Barthes), e é doutor en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid desde 2010 (tese: Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles). Desde 1989 é profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi decano (2005-2013). Foi redactor do Código Ético da USC (2007).

Ten colaborado en Agora Papeles de Filosofía, Anuario de Literatura, Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa, Encrucillada, Agália, Astrolabio, Daimón, Grial etc.

Coordinou os números monográficos internacionais das revistas Nova Renascença (1994) con José Augusto Seabra, e Agora Papeles de Filosofía (2005) sobre Roland Barthes. Estudou as relacións entre filosofía e literatura, centrándose na literatura galega (Pondal, Otero Pedrayo, Carvalho Calero). Tamén se ocupou, no ámbito da ética e a política, de autores clásicos (Aristóteles) e contemporáneos (Foucault), así como do pensamento político galego (Castelao, Ramón Vilar Ponte etc). Os seus campos de interese son os Paradigmas da Filosofía Moral, Posestruturalismo e Posmodernidade, Filosofía e Literatura, Filosofía e Paz, Xustiza Política, Filosofía Moral e Política en Galiza e Bioética.

O 7 de maio de 2026 foi recibido en Lisboa como académico correspondente estranxeiro na Academia Internacional da Cultura Portuguesa.

Obra en galego Ensaio Outramente Barthes (1988). Edições da Nova Renascença, Fundação Eng. António de Almeida, Porto, Portugal. 125 páxs. Aristóteles (2003). Baía Edicións, A Coruña. 137 páxs. Paz, guerra e violencia (2003). Espiral Maior, A Coruña. Traducido para o castelán en 2006 na mesma editorial. 177 páxs. O felo ou ..., (2007). Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Minilibros. 12 páxs. O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios (2008). Espiral Maior, A Coruña. 261 páxs. Os boteiros e ... (2011). Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Minilibros. 13 páxs. O labirinto da saudade (2012). Laiovento, Santiago de Compostela. 141 páxs. Versión actualizada en portugués, baixo o título Meditação sobre a saudade, 2014, Zéfiro, Sintra, 139 páxs. Barthes filósofo (2015). Galaxia, Vigo, 144 páxs. Outros e novos queixumes. De filosofía e literatura en Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal (2020). USC. Carvalho sempre. Alustres de vida e obra (2020). Con Tareixa Roca. Espiral Maior. ISBN 978-84-122271-2-3. O camiño dos faros. Diario de viaxe (2023). A Coruña: Espiral Maior. ISBN 9788412734331.

Obras colectivas Europa: mito e razón (2001). José Luís Barreiro & Luís G. Soto (Coords). Universidade de Santiago. 214 páxs. Cap. Arredor de si ao fio de Europa, páxs. 89-110. A Coruña á luz das letras (2008). Trifolium, Iñás-Oleiros (A Coruña). Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011). X. R. Baixeras, F. Vidal, Xulio L. Valcárcel, T. Seara, E. Veiga, Luís G. Soto, M. Forcadela, X. Seoane, L. Rodríguez, A. López-Casanova, X.M. Ávarez Cáccamo, I. Pintado, Luciano Rodríguez (ed.). Laiovento, Santiago de Compostela. 129 páxs. Cap. Entre phýsis e práxis, entre agua e fogo, páxs. 61-74. Dun poema as ardentes estrofas. Visións arredor da obra de Eduardo Pondal (2024). Espiral Maior, A Coruña. 147 páxs. ISBN 9788412734393.

Traducións Os Reis Magos (1988). M. Tournier, Edicións Xerais de Galicia, Vigo. 119 p. (Tradución do francés ao galego, en colaboración con M. Sánchez). Nova enciclopedia de bioética (2005). Universidade de Santiago de Compostela. Con Tareixa Roca. Do francés para o galego.Nova enciclopedia de bioética Dez teses sobre a ética (2009). Alain Badiou. Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Do francés para o galego. O Mar do Norte (2015). Heinrich Heine. Espiral Maior. 168 páxs. Do alemán para o galego, con estudo introdutorio.

Obra en castelán Ensaio Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles (2011). Marcial Pons, Madrid-Barcelona-Buenos Aires. 477 páxs.

Obras colectivas Discurso, Poder, Sujeto. Lecturas de Michel Foucault (1987). Universidade de Santiago de Compostela. En colaboración con: R. Máiz, F. Álvarez Uría, J. C. Bermejo, M. Morey, J. L. Pintos, P. Casanovas, A. Serrano e J. Varela. Cap. A la orilla del mar un rostro de arena, páxs. 55-67. En torno a la justicia. Las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J. S. Mill, la fenomenología y Rawls (1999). Erís, A Coruña, 322 páxs. En colaboración con: M. X. Agra Romero, B. Fernández Herrero, C. Caruncho Michinel e M. L. Pintos Peñaranda. Cap. La justicia en Aristóteles, páxs.19-86. Ética de la paz. Valor, ideal y derecho humano (2007). G. González Arnáiz (ed.), J. Conill Sancho, R. Junquera de Estéfani, J.M. Marinas Herrera, E. Martínez Navarro, P. Sáez Ortega, Luís G. Soto e J. De La Torre Díaz. Biblioteca Nueva, Madrid. 231 páxs. Cap. La paz, alternativa a la violencia, páxs. 53- 70.

Traducións Eume (2008). César Antonio Molina Pre-Textos, Valencia. Con Tareixa Roca e César Antonio Molina. Do galego para o castelán.. Ed. Pre-Textos. 251 páxs.

Premios Mellor libro do ano 2005 na XV edición dos premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, por Nova enciclopedia de bioética. Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da AEUE (Asociación de las Editoriales Universitarias Españolas) do 2005, por Nova enciclopedia de bioética. Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 2006, por Nova enciclopedia de bioética. Finalista, no apartado de ensaio, nos Premios da AELG do 2008, por O espírito da letra. Premio de ensaio Carvalho Calero, na XIX edición en 2012, por O labirinto da saudade. Premio Ramón Piñeiro de ensaio en 2014, por Barthes filósofo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Paratextos na AELG: publicacións de Luís G. Soto Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Filósofos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego