Manuel Gallego Vila, nado en Taboadela o 29 de maio de 1937, e finado o 19 de abril de 2024, foi un industrial avícola e político galego do PPdeG, alcalde de Taboadela durante 47 anos. Foi o edil máis lonxevo de Galicia.
Traxectoria Emigrante no País Vasco, regresou a Galicia durante o franquismo e montou unha granxa de aves que estivo no berce da creación de Coren, a cooperativa avícola fundada por Euloxio Gómez Franqueira e que tivo unha extensión á política do rural ourensán.
En 1967 entrou de concelleiro en Taboadela, por designación, e foi nomeado alcalde do concello de Taboadela en 1972. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD, e logrou a alcaldía. Permaneceu como alcalde nas sucesivas eleccións ata 2019, pasando por Coalición Galega, Coalición Progresista Galega, Centristas de Galicia e finalmente o Partido Popular de Galicia, sempre con maiorías absolutas.
En 2019, foi apartado da carreira pola alcaldía e foi substituído como candidato ás eleccións municipais de 2019 por Antonio Paz.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Taboadela
Ligazóns externas
Crónica en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Taboadela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Taboadela Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Empresarios do sector agrícola Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2024