A Provincia de Milne Bay é unha das provincias da Papúa-Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Alotau. Conta cunha superficie de 14.000 km2, cunha poboación de 209.054 habitantes (2000), o que dá unha densidade de poboación de quince habitantes por quilómetro cadrado aproximadamente.

Economicamente a provincia depende maiormente do turismo, como tamén da produción da palmeira aceiteira ou da extracción de ouro. Ademais destas grandes industrias hai moitos outros proxectos de produción a pequena escala, como o cultivo de cacao ou copra.

Distritos Esta provincia pódese dividir en varios distritos: Donterecastot Trobrian Samarai Wudlak Luisiad Deka-Deka Sidea

Categoría:Provincias de Papúa-Nova Guinea