Yuncler é un concello da provincia de Toledo na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase no quilómetro 46,6 da A-42 (Autovía Madrid-Toledo), en plena comarca da Sagra, a uns 534 msnm, ten unha extensión de 18 km², e áchase a 42 km de Madrid e a 25 km de Toledo. Limita polo sur con Villaluenga de la Sagra; polo norte, con Yuncos e Cedillo; polo nordeste, con Numancia de la Sagra; polo leste, con Pantoja e polo oeste, con Cedillo novamente.

A súa economía é fundamentalmente agrícola, aínda que no pasado houbo participación en empresas cerámicas.

Toponimia "Yuncler" é un topónimo mozárabe, derivado de "junko", que significa en mozárabe "xunco". En documentos dos séculos XII e XIII aparece cos nomes "Ocner", "Yunquer" e "Yuncler".

Historia Os primeiros poboadores coñecidos son de orixe mozárabe, cando Yuncler se coñecía como Ocner, e aparece mencionado en documentos mozárabes de 1179, 1197 e 1212. Logo aparecerá mencionado nos documentos dos séculos XII e XIII, como Yunquer ou Yuncler.

Demografía Evolución da poboación de Yuncler desde 1900.

Patrimonio Antiga casa de labor de finais do século XIX, consagrada patrimonio artístico, e restaurada conservando as súas características e fachada intactas, convertida en hotel e restaurante (Casa Grande). Igrexa de Santa María Magdalena, tamén declarada patrimonio artístico. Xunto coa Casa Grande e a Casa do Concello, de construción moderna, configuran a Praza da Igrexa.

Véxase tamén Ligazóns externas Información de Yuncler na páxina da Deputación de Toledo

Categoría:Concellos da provincia de Toledo Categoría:Topónimos con etimoloxía