O océano Pacífico é o corpo de auga maior e máis profundo das divisóns do océano global terrestre. Esténdese desde o océano Ártico no norte ata o océano Austral (ou, segundo a definición, ata a Antártida) no sur e está limitado polos continentes de Asia e Australia no oeste e América no leste. Esténdese uns 15.500 km desde o mar de Bering, o norte do Ártico, ata as marxes xeadas da Antártida (o mar de Ross ) no sur, alcanzado a súa máxima amplitude E-O aproximadamente a 5 graos de latitude norte, onde se estende por uns 19.800 km, desde Indonesia ata a costa de Colombia (Colombia e Indonesia son de feito países antípodas entre si). O límite occidental do océano sitúase a miúdo no estreito de Malaca. Cunha área de 179,7 millóns de km² este océano cobre unha terceira parte da superficie terrestre que corresponde a case a metade da superficie e do volume oceánico.Pacific Ocean". Britannica Concise. 2006. Chicago: Encyclopædia Britannica, Inc. O punto de maior profundidade da superficie terrestre, a foxa das Marianas, está situado no Pacífico.
Ten 707,5 km de fosas, e o 87,8% da súa área presenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (foxa das Marianas, con -10,912 m).
O Pacífico contén aproximadamente 25 000 illas (máis que todos os demais océanos do mundo xuntos), case todas as cales están situadas ao sur da liña ecuatorial. Cobre unha área de 155 557 000 km².
O océano Pacífico só comunícase co océano Atlántico a través de catro conexións: os pasos naturais no extremo austral americano, o estreito de Magalláns, o canal de Beagle e o mar de Hoces, así como unha conexión artificial, a canle de Panamá.
O primeiro europeo en ver o océano Pacífico desde a beira americana foi o fidalgo e explorador español Andrés Contero da expedición de Vasco Núñez de Balboa, quen, tras cruzar o istmo de Panamá, tomou posesión das súas augas en nome dos reis de España o día 25 de setembro de 1513, e outorgoulle o nome de mar do Sur.
Uns anos máis tarde, o navegante de orixe portuguesa Fernão de Magalhães durante a súa circunnavegación da Terra ao servizo da Coroa de España, deulle o nome de Pacífico por atoparse augas tranquilas durante a maior parte da súa viaxe tras cruzar o estreito de Magalláns. Con todo, o Pacífico non sempre fai honra ao seu nome, pois a miúdo os tifones, os furacáns, e a actividade sísmica e volcánica golpean as illas deste océano e os litorais continentais. No océano Pacífico Sur entre os 176° e 80° lonxitude oeste, e entre os 27° e 60° latitude sur non existen illas ou terra emerxida.
Etimoloxía A principios do século XVI, o explorador español Vasco Núñez de Balboa cruzou o Istmo de Panamá en 1513 e avistou o gran «Mar do Sur», ao que chamou . (en castelán). Posteriormente, o nome actual do océano foi acuñado polo explorador portugués Fernão de Magalhães durante a circunnavegación española o mundo de 1521, ao atopar ventos favorables ao chegar ao océano. Chamouno , nome que permanecería e quedaria para a historia.Unha ou máis das frases anteriores incorpora texto dunha publicación agora no dominio público : Herbermann, Charles, ed. (1913). " Ferdinand Magallanes ". Enciclopedia Católica . Nova York: Robert Appleton Company. Delimitación miniatura|Praia en San Francisco, situada no Pacífico Norte Na 3ª edición (1953) de Límites de océanos e mares da Organización Hidrográfica Internacional, máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, o Pacífico áchase dividido en Pacífico Norte e Pacífico Sur e delimitado da forma seguinte:
Pacífico Norte Ao suroeste. O límite nororiental do arquipélago das Indias Orientais (malaio) desde o Ecuador ata a illa de Luzón. Ao oeste e noroeste. Os límites orientais do mar de Filipinas e do mar do Xapón e o límite suroriental do mar de Okhotsk. Ao norte. Os límites meridionais do mar de Bering e o golfo de Alasca. Ao leste. O límite occidental das augas costeiras do sueste de Alasca e Columbia Británica, e o límite meridional do golfo de California. Ao sur. O Ecuador, pero excluíndo as illas de Gilbert e Galápagos, grupos que xacen ao norte deste [de Ecuador].
Pacífico Sur Ao oeste. O meridiano 146°55′ E desde o continente antártico, ata o cabo sueste en Tasmania (o extremo meridional da illa). Ao suroeste e noroeste. Os límites meridional, oriental e nororiental do mar de Tasmania, os límites suroriental e nororiental do mar do Coral, os límites meridional, oriental e setentrional dos mares de Salomón e Bismark, e o límite nororiental do arquipélago das Indias Orientais desde Nova Guinea ata o Ecuador. Ao norte. O Ecuador, pero incluíndo as illas de Gilbert e Galápagos, grupos que xacen ao norte deste. Ao leste. Unha liña desde o cabo Vírgenes () ao cabo do Espírito Santo, no norte de Terra do Fogo (a entrada oriental ao estreito de Magallanes); o meridiano do cabo de Fornos (67°16′ O) desde Terra do Fogo ata o continente antártico. (Estes límites non foron aceptados oficialmente por Chile.) Ao sur. O continente antártico.
Esta definición exclúe todos os mares marxinais que son definidos separadamente pola OHI (como o golfo de Alasca ou o mar do Coral), aínda que estes adoitan considerarse usualmente parte do océano Pacífico.
No ano 2000 a OHI redefiniu o Pacífico, situando entón, o seu límite meridional ao paralelo 60 sur, de forma que as augas ao sur da liña quedan definidas como océano Antártico. Esta nova definición non foi aínda ratificada (pois unha reserva foi presentada por Australia) a pesar diso está en uso pola OHI e outros. Cando sexa adoptada, a definición do 2000 será publicada na 4ª edición de Límites dos océanos e os mares e restaurará o océano Antártico como era orixinalmente definido na segunda edición e posteriormente omitido na terceira edición.
Características A súa forma circular está delimitada por marxes continentais activas (que corresponde ao circo de fogo do Pacífico) baixo as cales se afunde unha codia oceánica en rápida expansión.
DescubertoAínda que por suposto os europeos non foron os primeiros descubridores dese océano, de feito case todos as illas estaban habitadas, si foron os primeiros en rexistrar as súas exploracións dun xeito perdurable. Oskar Hermann Khristian Spate, El lago español. Casa Asia, 2006, páxina 34. polos europeos no 1513 (Vasco Núñez de Balboa) e transposto pola primeira vez en 1520 (Fernão de Magalhães), o Pacífico asistiu a un crecemento da súa importancia como vía de ligazón entre algunhas das rexións de maior dinamismo económico da actualidade (Extremo Oriente e costa occidental da América do Norte). Mares do océano Pacífico miniatura|upright|Fotografía do océano Pacífico, tomada desde o espazo pola nave GOES-18 en setembro de 2023. Os mares máis grandes do Pacífico:
Mar Mediterráneo Australasiático - 9,080 millóns de km2 (inclúe outros mares) Mar de Filipinas - 5,695 millóns de km2 (o mar máis grande) Mar do Coral - 4,791 millóns de km2 Mar de Chile - 3,6 millóns de km2 Mar da China Meridional - 3,5 millóns de km2 Mar de Tasmania - 2,3 millóns de km2 Mar de Bering - 2 millóns de km2 Mar de Okhotsk - 1,583 millóns de km2 Golfo de Alasca - 1,533 millóns de km2 Mar da China Oriental - 1,249 millóns de km2 Mar de Grau - 1,14 millóns de km2 Mar do Xapón - 978.000 km2 Mar de Salomón - 720.000 km2 Mar de Banda - 695.000 km2 Mar de Arafura - 650.000 km2 Mar de Timor - 610.000 km2 Mar Amarelo - 380.000 km2 Mar de Xava - 320.000 km2 Golfo de Tailandia - 320.000 km2 Golfo de Carpentaria - 300.000 km2 Mar de Célebes - 280.000 km2 Mar de Sulu - 260.000 km2 Mar de Bismarck - 250.400 km2 Golfo de Anadyr - 200.000 km2 Mar das Molucas - 200.000 km2 Golfo de California - 160.000 km2 Golfo de Tonkin - 126.250 km2 Mar de Halmahera - 95.000 km2 Mar de Bohai - 78.000 km2 Golfo de Papúa - 70.400 km2 Mar de Koro - 58.000 km2 Mar de Balí - 45.000 km2 Mar de Savu - 35.000 km2 Mar Interior de Seto - 23.203 km2 Mar dos Salish - 18.000 km2 Mar de Ceram - 12.000 km2 Golfo de Shelikhov - 1.583.000 km2 Baía de Laizhou - 7.000 km2 Baía de Manila - 1.994 km2 Baía de Tayabas - 2.500 km2 Mar de Visayas - 10.000 km2
Fondo oceánico miniatura|Imaxe do fondo do océano Pacífico. As características máis notables son as fosas situadas no lado occidental e as grandes chairas que se estenden polo lado oriental. O fondo do océano á conca do Pacífico é relativamente uniforme, cunha profundidade media duns 4270 metros. As irregularidades maiores da área son picos submarinos de pendentes moi pronunciadas e cimas planas, coñecidas en inglés como seamounts. A parte oeste do chan consiste en arcos montañosos que se alzan sobre o mar como grupos de illas, como as Illas Salomón e Nova Zelandia, e fosas profundas, como a das Marianas, ou de Filipinas, e a de Tonga. A maioría das fosas profundas son adxacentes ás marxes exteriores da ampla plataforma continental occidental.
Ao longo do límite leste da cunca Pacífica está a cordilleira Pacífica leste, que é unha parte da cordilleira oceánica central. Cunha anchura duns 3000 km, ten unha altura duns 3 km sobre o chan mariño adxacente.
Debido a que unha área relativamente pequena drena ao Pacífico, e debido ao tamaño inmenso do océano, a maioría dos sedimentos son autixénicos ou peláxicos na súa orixe. Os sedimentos autixénicos inclúen montmorillonita e filipsita. En cambio os sedimentos peláxicos derivados da auga do mar inclúen arxilas vermellas peláxicas e restos calcarios de vida mariña. Os sedimentos terríxenos están confinados en marxes estreitas marxinais preto de terra.
Morfoestrutura do fondo oceánico Flanqueado por cadeas montañosas recentes, con intensa actividade volcánica, o Pacífico está percorrido por un vasto sistema de dorsais. A dorsal Sueste-Pacífica constitúe un prolongamento, a través da dorsal Pacífico-Antártica, das dorsais do océano Índico (dorsal Antártico-Autraliana). Na súa porción setentrional atinxe as latitudes do litoral mexicano, desaparecendo ao penetrar no golfo de California. Trátase dunha dorsal en rápida expansión (entre 8,8 e 16,1 cm por ano), sen fosa axial. As zonas de fracturas que a segmentan son numerosas, con desprazamento pronunciado. Esa dorsal emerxe na latitude da illa de Pascua, uníndose á dorsal de Chile, que enlaza coa costa meridional de América, e na latitude das illas Galápagos, uníndose á dorsal de Illas Cocos ou das Galápagos. Esas dorsais dividen o Pacífico en tres conxuntos. Os fondos oceánicos situados ao leste da dorsal Sueste-Pacífica pertence a placa litosférica da Antártida (que corresponde á bacía Pacífico-Antártica e á planicie abisal de Bellingshausen), á placa de Nazca (bacías Peruana e Chilena, separadas pola dorsal de Nazca) e á placa de Cocos (limitada pola dorsal de Cocos).