O mazarico real, ou mazarico curlí, (Numenius arquata) é unha especie de ave caradriforme da familia Scolopacidae, que cría en case toda Europa, no norte e leste, en prados, zonas lamacentas, ríos, brañas, costas e estuarios.

Recoñécese de forma doada pola súa forma, cun longo pico lixeiramente curvo, e a súa voz, cun canto moi rechamante e bonito. A cor da súa plumaxe é pardo area.

miniatura|Numenius arquata O seu niño é un pequeno oco, revestido de herba, no chan. Pon catro ovos nunha única niñada, de abril a xullo.

Aliméntase de vermes, insectos, cangrexos, moluscos e estrelas de mar.

Subespecies Coñécense tres subespecies de mazarico real:

Numenius arquata arquata (Linnaeus, 1758) Numenius arquata orientalis Brehm, C.L., 1831 Numenius arquata suschkini Neumann, 1929

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hume, Rob: Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega 2002. ISBN 84-282-1317-8.

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas

Categoría:Caradriformes Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Aves de Eurasia