A Super League é o torneo máis importante de Europa de rugby a 13 (rugby league en inglés). O campionato naceu en 1995 como sucesor do antigo Rugby Football League Championship (a liga inglesa de rugby a 13) coa intención de ser un torneo continental, espallándose por outros países fóra de Inglaterra. Actualmente o torneo está composto por 14 equipos, 12 ingleses, 1 francés e 1 galés. A Super League é a principal competicións de rugby a 13 a nivel de clubs no hemisferio norte, e o campión compite cada ano co campión da NRL (liga de Australia e Nova Zelandia) no World Club Challenge (título semellante á antiga Copa Intercontinental de fútbol).

Dende 2011 a liga pode seguirse en España na canle Sportmanía. O actual campión é o equipo Leeds Rhinos, que venceu o 8 de outubro a St Helens por 32-16 diante de 69.000 seareiros que enchían Old Trafford, acadando dese xeito o seu 5º título. St Helens, que tamén ten 5 títulos no seu palmarés, ven de acadar 5 subcampionatos seguidos dende 2007 ata 2011.

Formato Cada tempada comeza en febreiro e remata en outubro. Está composta por 27 xornadas. Cada equipo xoga 13 encontros como local na súa casa, 13 encontros como visitante, e finalmente unha xornada mais, no chamado Magic Weekend (fin de semana máxico), no cal o Millennium Stadium de Cardiff acolle 7 encontros en 2 días. Dende 1998, trala tempada regular dispútanse os play offs polo título, cos 8 primeiros equipos da táboa. A gran final do torneo Super League dispútase cada ano no estadio Old Trafford de Manchester, sendo un dos eventos deportivos máis populares e máis vistos pola televisión cada ano en Inglaterra.

Cando remata a tempada regular, antes de que comecen as eliminatorias polo título, a liga publica a lista dos 13 xogadores elixidos no Super League Dream Team, un premio que recoñece ó mellor xogador da tempada en cada unha das 13 posicións do campo.

Equipos A maioría dos equipos da Super League pertencen á zona norte de Inglaterra onde naceu o rugby league no século XIX, entre as cidades de Liverpool, Manchester, Leeds e Hull. Fora desa rexión hai 2 equipos, 1 en Londres e 1 no sur de Francia. EquipoCidadeFundaciónEstadioCapacidadeTítulosEn 201120px|Yorkshire Bradford Bulls Bradford 1907 Odsal Stadium 27,491610º20px|Yorkshire Castleford Tigers Castleford 1926 Probiz Coliseum 11,750-9º20px|Pireneos Orientais Catalans Dragons Perpiñán 1935 Stade Gilbert Brutus 13,000-6º - ¼ final20px|Yorkshire Huddersfield Giants Huddersfield 1864 Galpharm Stadium 24,50074º - ¼ final20px|Yorkshire Hull FC Hull 1865 KC Stadium 25,40468º - ¼ final20px|Yorkshire Hull Kingston Rovers Hull 1882 Craven Park 10,00057º - ¼ final20px|Yorkshire Leeds Rhinos Leeds 1864 Headingley Stadium 20,50085º - Campión20px|Middlesex London Broncos Londres 1980 Twickenham Stoop 14,816012º20px|Lancashire Salford City Reds Salford 1873 The Willows 11,363611º20px|Lancashire St Helens St Helens 1873 Knowsley Road 17,350123º - Finalista20px|Yorkshire Wakefield Trinity Wildcats Wakefield 1873 Belle Vue 12,000213º20px|Lancashire Warrington Wolves Warrington 1879 Halliwell Jones Stadium 13,02431º - ½ final20px|Lancashire Widnes Vikings Widnes 1875 Stobart Stadium 11,5003Ascenso20px|Lancashire Wigan Warriors Wigan 1872 DW Stadium 24,135192º - ½ final O total de títulos indica o número de veces que cada equipo saíu campión tanto na actual Super League como no anterior RFL Championship dende 1896.

1000px|Map of areas where super league teams operate. 12px Catalans 12px Broncos 12px Vikings 12px St. Helens 12px Warrington 12px Wigan 12px Salford 12px Hull F.C 12px Hull KR 12px Castleford 12px Leeds 12px Wakefield 12px Bradford 12px Huddersfield

Campións dende 1996 St Helens (5) = 1996, 1999, 2000, 2002, 2006 Leeds Rhinos (5) = 2004, 2007, 2008, 2009, 2011 Bradford Bulls (4) = 1997, 2001, 2003, 2005 Wigan Warriors (2) = 1998, 2010

Véxase tamén Outros artigos Rugby League National Rugby League World Club Challenge Ligazóns externas Páxina oficial da Super League

Categoría:Rugby League