Antonio Castro García, nado en Ordes en 1925 e finado en Santiago de Compostela o 9 de outubro de 2011, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na cidade de Santiago. Vencellado ás cúpulas dirixentes locais durante o franquismo, foi membro do consello local do Movemento Nacional, e concelleiro compostelán polo terzo familiar. En xaneiro de 1974 foi designado alcalde de SantiagoDesignación de nuevos alcaldes, La Vanguardia, 31/1/1974., posto no que permaneceu ata a chegada das primeiras eleccións municipais democráticas, en 1979. Baixo o seu mandato foi derrubado o Edificio Castromil, estando nunha posición favorable á súa desaparición. Militante primeiro de Alianza Popular e logo do Partido Popular, foi tamén director xeral de Xustiza na Xunta de Galicia.

Relacionado tamén co deporte santiagués, foi presidente do Obradoiro CAB e do club local de tiro olímpico, así como membro do consello de administración de El Correo Gallego, do que foi nomeado presidente de honra.

Galardóns Orde de San Raimundo de Peñafort Orde do Mérito da República Francesa.

Vida persoal Casou con Filomena Carballal e foi pai de Antonio, Teresa e María José Castro Carballal.

Notas

Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Procuradores en Cortes galegos