Medea é un filme italiano dirixido por Pier Paolo Pasolini, baseada na obra Medea de Eurípides. Foi rodada entre Turquía e Siria.

Foi a única incursión no cine da diva da ópera Maria Callas, que en 1969 xa se retirara do mundo lírico. Pasolini escolleuna porque Callas fora a máis célebre Medea na ópera do mesmo nome, obra de Cherubini.

Sinopse É unha adaptación moi persoal da traxedia grega de Eurípides, na que Pasolini mostra a tráxica confrontación entre dous culturas incompatibles: o mundo máxico e irracional de Medea e o mundo racional de Xasón.

Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes dirixidos por Pier Paolo Pasolini Categoría:Filmes rodados en Turquía