miniatura|Retrato feito no ano 1791 Tomé de Villanueva, nado en Fuenllana (actual Cidade Real), en 1488 e finado en Valencia o 9 de setembro de 1555, foi un relixioso católico español.

Traxectoria Da súa mocidade cóntanse excentricidades como quedar en varias ocasións espido por terlle entregado todo aos pobres. Fixo estudos de Artes e Teoloxía na Universidade de Alcalá de Henares e ingresou na orde dos agostiños en 1516. En 1518 foi ordenado sacerdote. Dedicou a súa vida á atención, coidado e promoción dos marxinados, doentes e orfos. Carlos V ofreceulle o arcebispado de Granada que el rexeitou. Por obediencia ao superior da súa congregación aceptou o arcebispado de Valencia, dende onde organizou un plan de asistencia e auxilio social. Faleceu dunha anxina de peito aos sesenta e seis anos.

Inimigo da festa dos touros Predicou contra a festa dos touros que consideraba un espectáculo duro e cruelísimo, e denunciaba en nome de Xesucristo aos que consentían ou non prohibían as corridas. Consideraba a estas un pecado mortal e cualificaba de homicidas aos que apoiaban expresa ou tacitamente a festa

Significación Foi canonizado por Alexandre VII en 1658. É patrón da Universidade de Cidade Real, da Universidade Villanova en Pensilvania. No calendario do catolicismo a súa festa celébrase o 10 de outubro. Francisco de Quevedo escribiu unha biografía súa: Epítome a la historia de la vida ejemplar y gloriosa muerte del bienaventurado frai Tomás de Villanueva

Obras De la lección, meditación, oración y contemplación Comentario al Cantar de los Cantares Sermón del Amor de Dios

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en Fuenllana Categoría:Nados en 1488 Categoría:Finados en 1555 Categoría:Agostiños de España Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua latina