Elisa Nogueira Méndez, nada en San Cibrao das Viñas o 9 de xaneiro de 1936, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Estudou Maxisterio. Foi alcaldesa do concello de San Cibrao das Viñas dende as primeiras eleccións democráticas, primeiro con Coalición Democrática, e despois co PPdeG, sempre con maioría absoluta. Foi deputada provincial. En 2011 abandonou a política.

Vida persoal Casou con Alberto Luis Iglesias Díaz e é nai de Alberto e Elisa Iglesias Nogueira, e sogra de Rosendo Fernández Fernández..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas

Categoría:Alcaldes de San Cibrao das Viñas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en San Cibrao das Viñas Categoría:Nados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes