Anne Mae Bullock, nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939 e finada o 24 de maio de 2023 en Küsnacht (Suíza), foi unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alongou durante mais de cincuenta anos, foi unha dos principais expoñentes do rock, e foi alcumada a "Raíña do Rock".

Traxectoria Debutou co sinxelo A fool in love e a artista fíxose famosa a finais dos anos 1950, formando parte do dúo Ike & Tina Turner Revue, xunto o que se convertería no seu marido Ike Turner. Ela destacou pola acción das súas actuacións ao vivo e pola súa carga sexual. Trala súa separación de Ike, nos anos 1970, estableceuse como solista.

Tras varios anos afastada da escena musical, en 1984, foi protagonista un dos regresos de máis éxito da historia co seu álbum Private Dancer no que orientou a súa música mais cara ao Rock que a faría mundialmente famosa, fronte o R&B e Soul que caracterizaron as gravacións da Revue. Do mesmo xeito, actuou en diversas películas, como Tommy, Mad Max alén da cúpula do trono e O derradeiro grande heroe, entre outras.

As súas composicións, gravacións e interpretacións fixérona acredora de diversos galardóns e recoñecementos, entre eles oito premios Grammy. O seu nome forma parte do Paseo da Fama de Hollywood. Foi nomeada pola revista Rolling Stone como "unha das mais grandes intérpretes de tódolos tempos", con posición no posto número 17, superando a músicos como Michael Jackson e Prince, entre moitos outros.

Tina Turner é coñecida polas súas enerxéticas actuacións ao vivo, a súa poderosa voz e a súa lonxeva traxectoria. Tamén por posuír as mellores pernas sobre un escenario, que aínda hoxe ós 70 anos, son quen de rivalizar coas dunha xove de 20 anos. Ten vendido máis de 180 millóns de álbums en todo o mundo. Tina posúe o Récord Guiness como a artista en solitario que máis entradas de concertos ten vendido na historia da música. En 2008 abandonou o seu medio-retiro para percorrer o mundo coa súa xira Tina!: 50th Anniversary Tour, que se prolongou o longo tamén de 2009, sendo un dos tours máis rendibles dese ano.

Discografía Álbums de estudio Tina Turns the Country On! (1974) Acid Queen (1975) Rough (1978) Love Explosion (1979) Private Dancer (1984) Break Every Rule (1986) Foreign Affair (1989) Wildest Dreams (1996) Twenty Four Seven (1999)

Álbums recompilatorios Simply the Best (1991) The Collected Recordings - Sixties to Nineties (1994) All the Best (2004) Tina!: Her Greatest Hits (2008) The Platinum Collection (2009)

Álbums ao vivo Tina Live in Europe (1988) VH1 Divas Live '99 (1999) Tina Live (2009)

Tours 1978–1979: Wild Lady of Rock Tour 1982–1984: Nice 'n' Rough Tour 1985: Private Dancer Tour 1987–1988: Break Every Rule Tour 1990: Foreign Affair Tour 1993: What's Love? Tour 1996–1997: Wildest Dreams Tour 2000: Twenty Four Seven Tour 2008–2009: Tina!: 50th Anniversary Tour

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas The Tina Turner Blog Tina Turner en IMDb Sitio oficial Tina Turner no Rock and Roll Hall of Fame Discografía de Tina Turner en Discogs

Categoría:Actores de Tennessee Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Tennessee Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Finados en 2023