Maite Aristegi Larrañaga, nada en Bergara en 1962, é unha empresaria e política vasca.
Traxectoria Licenciada en Dereito, transformou o casarío familiar nun establecemento de agroturismo, do que é empresaria. Politicamente, foi concelleira en Bergara e pertenceu ao sindicato agrario independentista ENHE, do que chegou a ser secretaria xeral. Pertencente ao colectivo Independentistak, un dos grupos da esquerda abertzale, foi voceira da plataforma 18/98+, que reclamaba a posta en liberdade dun grupo de persoas presas en relación co tecido social de ETA. Nas eleccións xerais de 2011 encabezou a lista da coalición Amaiur por Guipúscoa.
Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Bergara