O Badalona Dracs é un equipo de fútbol americano da cidade catalá de Badalona, que compite na Liga Nacional de Fútbol Americano (LNFA). Fundado a finais de 1987, foi un dos equipos que inaugurou en 1988 a primeira competición oficial deste deporte en España, a Liga Catalá de Fútbol Americano, cos L'Hospitalet Pioners, Barcelona Búfals e Barcelona Boxers. Os Dracs foron os gañadores daquel torneo na súa primeira tempada. En 1995 participou na primeira edición da Liga Nacional de Fútbol Americano, competición que gañou 9 veces dende entón, sendo o equipo máis laureado do país.
O traxe oficial do equipo ten as cores gris e negro (casco gris, camisola negra e pantalóns grises).
Palmarés Liga Nacional de Fútbol Americano (9) = 1998, 1999, 2002, 2003, 2004, 2014, 2016, 2017, 2018 Subcampión (7) = 2000, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013, 2015 Copa Española de Fútbol Americano (2) = 1999, 2004 Subcampión (6) = 2000, 2001, 2002, 2003, 2009, 2012 Liga Catalá de Fútbol Americano (1) = 1999 Subcampión (2) = 1990, 2005
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Badalona Dracs Páxina oficial da Agrupación Española de Fútbol Americano Páxina oficial da European Federation of American Football Outros artigos Liga Nacional de Fútbol Americano European Football League Liga Catalá de Fútbol Americano
Categoría:Equipos de fútbol americano de España Categoría:Deporte en Badalona