miniatura|Foto realizada polo California Coastal Records Project da liña de costa na que está o Streisand Estate.
O efecto Streisand é un fenómeno de Internet no que unha tentativa de censura ou agocho de certa información fracasa ou é ata contraproducente para o censor, posto que esta acaba sendo amplamente divulgada, recibindo maior publicidade da que tería se non se pretendese agochar.
Normalmente, estes intentos de censura diríxense cara a fotos, ficheiros ou páxinas web, especialmente mediante cartas que ameazan con emprender accións legais por parte do censor. Lonxe de ser eliminada, a dita información recibe moita publicidade, e acaba sendo rapidamente distribuída a través de blogs, sitios de novas ou sistemas P2P.
Este efecto ocorre, segundo o experto en Internet John Gilmore, porque a rede interpreta a censura coma un dano ou ataque cara a ela.
Orixe O termo ten a súa orixe nun incidente ocorrido en 2003 cando a actriz Barbra Streisand denunciou por 50 millóns de dólares ao fotógrafo Kenneth Adelman e á páxina pictopia.com por unhas fotografías aéreas da costa de California na que se vía a súa casa, esixindo que se retirase a foto xa que violaba a súa privacidade. A polémica co tempo fixo que a foto se fixese coñecida e o caso moi comentado.
Casos En 2013 a estación de radio militar de Pierre-sur-Haute atraeu o interese dos medios despois de coñecerse que a Dirección Central da Información Interior (máis coñecida polas súas siglas en francés DCRI, Direction Centrale du Renseignement Intérieur), a axencia de intelixencia francesa, tentou suprimir o artigo da Wikipedia en francés que falaba sobre o complexo.
Efecto Streisand en Galiza En 2010 o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en FITUR referiuse ao concello de Sobrado como Desván de los Monjes. O feito foi comentado pola prensa e negado polo conselleiro o que xunto co vídeo lle deu gran sona.Vídeo en YouTube
En marzo de 2013 a CRTVG ameazou a unha páxina web de seareiros do Xabarín Club de emprender accións legais se esta non pechaba en sete días. A CRTVG alegaba uso ilícito das súas marcas rexistradas "Xabarín Club", "Xeración Xabarín" e "Xabarín News"."Pechan a páxina web non oficial da Xeración Xabarín" Código Cero. A información do peche da páxina web chegou a diversas redes sociais e medios de comunicación de ámbito galego."Pecha unha web de fans do Xabarín Club por indicación da CRTVG" Praza Pública
En febreiro de 2018 o libro Fariña, do xornalista coruñés Nacho Carretero, multiplicou as súas vendas despois de que o xulgado de Instrución número 7 de Collado Villalba (Madrid) ordenase o seu secuestro o estimar a denuncia realizada por Alfredo Bea Gondar, que foi alcalde do Grove nos anos 80.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Recompilación de casos nos que se dá este efecto
Categoría:Comunicación